BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida Oficial da RAG
En 1971 ingresou na Real Academia Galega como académico correspondente e desde febreiro do ano 1997 é membro numerario. O seu discurso de ingreso versou sobre O liberalismo coruñés: a segunda xeración (18231846). Despois de formar parte da Comisión Executiva da RAG, como tesoureiro, na etapa de D. Francisco Fernández del Riego, ocupa a Presidencia da Institución desde o 20 de decembro de 2001. Respectuoso sempre coa tradición, na liña renovadora do seu ilustre antecesor, está levando a cabo unha profunda remodelación que contempla a catalogación dos riquísimos fondos documentais e bibliográficos, sen esquecer a necesaria aproximación da institución á sociedade. Obtivo distincións como O Premio da Crítica (Investigación) en dúas ocasións, o Premio Santiago da TVG, a Medalla Castelao, Premio da Asociación de Libreiros, etc. Algúns dos seus libros, centrados no complexo mundo das ideoloxías e da dialéctica partidista do século XIX, acadaron entre os lectores certa categoría canónica, tal é o caso de El Carlismo Gallego (Santiago, 1976) e El Levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo (Santiago, 1977). Entre outros libros de interese podemos citar:
? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ?
Los Gallegos, Madrid, 1977. Historia Contemporánea de Galicia. Vigo, 1981. Liberales y Absolutistas en Galicia. Vigo, 1982. La Imprenta en Galicia. Lugo, 1982. Historia de la Ciudad de La Coruña. A Coruña, 1986. Historia de la Imprenta en Galicia (siglo XV1900). A Coruña, 1991. Tomos IV, V, VI, VII e VIII da Historia de Galicia do ?Proxecto Galicia?. Hércules de Ediciones, 19911994. Los afrancesados de Galicia. A Coruña, 1993. Soto Freire, la imprenta en Galicia. Santiago, 1998. Os Parlamentarios de Galicia. Biografía de Deputados e Senadores (18102001). Santiago, 2001. La Colección Histórica de Periódicos de La Voz de Galicia. A Coruña, 2001. Historia da Universidade de Santiago. Santiago, 20002002 (2 tomos).
Nº 363
360