Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
a amargura de pensar que naquel tobo negro, fondo e longo non chegou, nin tan sequera, a albiscar a mínima luz dun cativo vagalume. Coincidindo con esa visita de Franco e, por se acaso, a Celso méteno na cadea por dez días, aínda que a estancia do ditador en Pontevedra apenas foi dunhas horas. A continuación, bótano do traballo que tiña na Deputación e despois tamén doutro que conseguira no Concello, neste caso por negarse a asinar a súa adhesión ó réxime franquista. Tamén lle prohibiron o acceso á universidade. A Darío Álvarez Blázquez levárono preso no ano 1947 para a cadea de Vigo, onde hoxe está instalado o Museo Marco. Aínda con esas non se renden nin recúan. Emilio participa nas reunións que tentan de reconstruír o partido galeguista como representante por Pontevedra, xunto con Vicente Bóveda, Ánxel Fole, Francisco Fernández del Riego, os irmáns Saco, Xenaro Mariñas del Valle, Ramón Piñeiro, Gómez Román e outros. Aínda queda na casa un feixe de propaganda, en ciclostilo, do ano 1949. Nese mesmo ano, Emilio Álvarez Negreira, que milita no partido comunista, impulsa ?xunto con Sabino Torres, Celso Emilio Ferreiro, Cuña Novás, Rafael Alonso, Antonio Blanco Freijeiro e outros? unha colección de libros en galego que son os primeiros que se editan nestes anos despois de Cómaros verdes. Nesta colección publican Emilio e Xosé María Álvarez Blázquez Poemas de ti e de min. A colección chamouse Benito Soto porque como non conseguían o permiso de edición, tiveron que facer edicións piratas e, xa que ían ser piratas, a proposta de Emilio, decidiron poñerlle o nome do célebre pirata da mourería aforcado en Xibraltar. Só me queda dicir que membros da familia participaron na Real Academia Galega, no Seminario de Estudos Galegos, na revista Nós, na revista Vida Gallega, na constitución de Galaxia, e en tantas e tantas iniciativas culturais do noso país. En definitiva, esta foi, ata agora, xunto co que dixo Alfonso, a achega da familia á construción do país, e aínda que o seu compromiso lle custou mortos, exilios, desterros e represións, non por iso se detiveron e, menos, recuaron, conservando e transmitindo o que dos seus recibiron. SAUDE E REPÚBLICA.
65
Nº 369