BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
XOSÉ ÁLVAREZ LIMESES Era o pequeno dos irmáns, pai dos Álvarez Negreira e, aínda que traballaba na Deputación de Pontevedra, exercía de xornalista como redactor deportivo, e asinaba as crónicas co pseudónimo de ?Zaavrel? (as letras de Álvarez ordenadas doutro xeito). Tamén sostivo unha longa e intensa polémica con Casto Sampedro a causa de tese de Colón. El estaba a favor de García de la Riega, mantendo que Colón era orixinario de Pontevedra. Máis adiante tamén volverei falar do tío Xosé. Rematadas aquí estas notas da primeira xeración dos Álvarez en Galicia, dos seguintes xa falou dabondo Alfonso, quería agora deixar, de momento, os apuntamentos biográficos e contar algo que, para min, explica os fortes lazos de fraternidade entre todos eles. BAIÓN
Torno a ti, meu Baion, terra loubada terra do corazón, amante miña? Xosé M.ª Álvarez Blázquez Canle segredo Baion, Baion, moitas veces a tú aterra mimosa, fun buscando a saudiña? Xerardo Álvarez Limeses Antre dous séculos
A familia, dende o último terzo dos anos vinte ata o ano 36 tiña un paraíso. Este paraíso estaba en Baión, preto de Vilagarcía. En Baión, ó redor do pazo de García de la Riega, todos os irmáns mercaron, construíron ou alugaron casas para ir pasar o verán. Xuntábanse alí os cinco irmáns con todos os seus fillos. Xa podedes imaxinar vinte e tantos rapaces xuntos durante uns meses (as vacacións, daquela, eran outra cousa) sen televisión, sen cines, sen coches e ata sen bicicletas. Eles sos nas leiras, nos montes e nos ríos. Pescaban nos ríos, cazaban polos montes e, algúns, ían á romaría de San Simón e outras polos arredores. E cando non facían iso, argallaban en calquera cousa porque imaxinación está ben probado que a tiñan. O único que os amolaba era, precisamente, Xosé María Álvarez Blázquez. Este descubrira que aló enriba do que foi pazo de Oubiña, había un castro, e alí, de cando en vez, facía subir a todos, incluso lles dicía que chamaran os amigos, e cargar, cara a abaixo, con sacos de pedras, ladrillos, tellas e todo aquilo que o xefe da expedición considerara de interese. Quero engadir que o monte do castro quedaba a uns dous quilómetros da súa casa (Celso García de la Riega aínda se acorda do peso dos sacos). Mirade, eu, de pequeno, de mozo, e xa de vello, estiven en moitas xuntanzas con xente desa xeración e podo asegurarvos que en ningunha ocasión, nin nunha soa, deixou de saír Baión na conversa, os recordos de Baión. Este verán, fun outra vez con Celso, que ós seus 93 anos aguantou o sol de agosto percorrendo aqueles camiños que leva tan metidos no fondo.
Nº 369
62