Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
13. Neira Cancela. 14. ? A nosa tía Lola, que xa ten 99 anos acórdase del e tenme dito que andaba sempre sen unha peseta. E debía ser certo porque cando publica Adormideras dedícallo a Xerardo en verso:
Idéntico es nuestro sino pues los dos somos poetas y seguimos el camino de no tener dos pesetas...
No ano 1931 entra Xerardo no Partido Galeguista e desenvolve unha grande actividade a prol da lingua galega na escola. Imparte conferencias, intervencións na radio e, claro está, tamén na prensa. Pertence así mesmo ó Seminario de Estudos Galegos, no que presenta un traballo sobre o Padre Sarmiento. En 1936 abandona o partido galeguista e a política (o motivo é a coalición coa fronte popular), facéndollo saber a Bóveda nunha carta que lle escribe dende Baión. DARÍO ÁLVAREZ LIMESES Nace e vive en Pontevedra ata que ingresa na facultade de medicina de Santiago, onde se licencia en 1901. Rematada a carreira, establécese en Tui como médico hixienista do Concello e máis tarde como médico titular despois de ganar a praza de inspector municipal de sanidade nas primeiras oposicións que houbo para a creación do corpo. Pero, como non podía ser menos, a súa máis importante actividade ?despois da profesional? foi a de periodista, pola que sentía unha intensa vocación (en palabras do seu fillo Darío). Sostivo algunha sonada polémica, entre as que destaca a ocasionada polo traslado do camposanto de Tui desde o centro ó extrarradio, iniciativa que el impulsaba. Opoñíase totalmente o clero local, arremetendo contra el no diario tudense La Integridad, que lle negou as súas páxinas para contestar, tendo que facelo na Correspondencia Gallega de Pontevedra. Cando pasou o temporal foi redactor xefe de La Integridad. Colaborou tamén no decenario tudense El Vencejo e nas revistas madrileñas Caza y Pesca e España Cinegética. Fundou en Tui o semanario La Opinión arremetendo dende as súas páxinas contra o caciquismo reinante, nacendo aquí a súa decidida entrega pola xustiza liberal e pola liberdade de opinión. Máis adiante volverei falar do tío Darío...
61
Nº 369