BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Pois ben, Enrique Labarta era un auténtico promotor cultural. Naqueles anos promove e edita Galicia Humorística (1868), 15 números; Extracto de Literatura (1893), 43 números; Galicia Moderna (189798), 30 números. Cando se publica a primeira, Xerardo era aínda moi novo e, polo tanto, non aparece a súa sinatura. Nas outras dúas colabora constantemente xunto con Labarta, intercambiando incluso, a dirección e a administración. As penurias económicas eran constantes, chegando Labarta a publicar, a toda páxina, unha necrolóxica pola morte da publicación. É interesantísima a nómina de colaboradores, entre os que poderiamos destacar os seguintes: 1. Paz Novoa 2. Moisés González Besada 3. Emilio Álvarez Jiménez 4. Manuel Murguía 5. Salvador Golpe 6. Torcuato Ulloa 7. Jesús Muruais 8. Benigno Sanmartín 9. Ramón del Valle Inclán 10. Emilia Pardo Bazán 11. Víctor Saiz Armesto 12. José Echegarái 13. Sofía Casanova 14. ? Galicia Moderna chegou a ter trinta correspondentes espallados por Galicia. Por certo, un deles foi Darío Álvarez Limeses, correspondente en Santiago (estudante de medicina). Labarta, paréceme, un persoeiro inxustamente esquecido. Poderiamos destacar como colaboradores desta publicación, os seguintes: 1. Eduardo Vincentti 2. Lamas Carbajal 3. Celso García de la Riega 4. Curros Enríquez 5. Rosalía de Castro 6. Eduardo Pondal 7. Luis Taboada 8. Balcarce Ocampo 9. Emilia Pardo Bazán 10. Barcia Caballero 11. Álvarez Jiménez 12. Jesús Muruais
Nº 369 60