Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Este último era libro de texto en bastantes institutos e debeulle tocar a Pablo Picasso porque no seu museo de Barcelona hai un exemplar cheo de debuxos que debeu facer durante as clases. Pertenceu ó partido liberal e foi: Académico correspondente de Historia, Consejero de Instrucción Pública, Xefe superior de Administración Civil, Vicepresidente da Deputación e Cabaleiro da orde de Carlos III. Morreu en Pontevedra en 1911. OS ÁLVAREZ LIMESES A primeira xeración dos Álvarez, nada en Galicia, son os fillos de Emilio, que tivo cinco pero, como estamos a tratar de escritores, vou falar de Xerardo, Darío e Xosé. XERARDO ÁLVAREZ LIMESES Nado no ano 1871 viviu a cabalo de dos séculos e de dúas repúblicas. Ós 13 ou 14 anos funda co seu amigo Víctor Saiz Armesto a sociedade Los amigos del Progreso, onde, con outros rapaces do seu tempo, botaban discursos, lían poesías e discutían sobre temas de actualidade. Estuda a carreira de dereito en Santiago, que remata ós 19 anos. Co título na man, o seu pai colócao no despacho de César Boente, un bufete de gran prestixio, para que siga a carreira de dereito coma o seu avó. Pero como esa auga no vai polo seu rego, deixa o bufete e, logo de facerse mestre, gana as oposicións a inspector de primeira ensinanza, que exercerá toda a vida. Porén, a súa verdadeira vocación era a literatura, igual que o seu pai, fai periodismo, poesía, ensaio... En 1893 publica Margaritas e, máis tarde, Versos Morales e Leyendas gallegas. E por último, o libro de poesías galegas Antre dos Séculos editado por subscrición popular e con prólogo do seu amigo Castelao. É tamén autor do monumental tomo da Xeografía de Pontevedra editada por Carreras Cadi en Barcelona. Durante moito tempo foi o libro máis consultado do Museo de Pontevedra. Relación con Enrique Labarta Naqueles anos vivía en Pontevedra Enrique Labarta Pose que, coma Xerardo, se licenciara en Dereito e metera o título nun caixón. Labarta tiña unha extraordinaria facilidade para facer versos e aínda que se chamaba a si mesmo poeta festivo tiña obras de verdadeira fondura. Este Enrique Labarta é o ?Barcala? da casa da Troya, ¿acórdavos?:
Querido Don Jesús hombre buenísimo....
59
Nº 369