BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Emilio seguiu ó seu pai por todos eses mundos pero debeu quedar vacinado de tanto movemento e, cando chegou o seu primeiro traballo en Pontevedra, xa non se moveu máis. A vacina debeuse meter no ADN da familia, pois os seus descendentes andamos case todos onde nacemos ou ó redor sen pasar, iso si, do Padornelo. A Gregorio Álvarez González, que era o pai, non lle chegou con traballar de xuíz, maxistrado, alcalde e de ?Perseguidor de malhechores y contrabandistas? senón que ?tamen? foi deputado liberal por Barcelona e por Ponferrada. Despois destes breves antecedentes falemos, xa, de Emilio. A Emilio tiráballe aquilo das letras, pois, durante a súa estancia en Mallorca, ademais de aprender o catalán, funda, con dous amigos ?Guillermo Forteza e Enrique Friol? (co tempo importantes escritores en catalán) a Sociedad Literaria Mallorquina. Licénciase en Madrid na facultade de filosofía, sección literatura, e logo de dar clase nun colexio agregado da universidade, trasládase a Pontevedra como profesor substituto de Clásicos Latinos y Castellanos. En Pontevedra ficará xa para sempre despois de obter a Cátedra de Retórica e Poética. Intégranse totalmente na sociedade pontevedresa e mantén relacións con Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Alfredo Brañas, Xoán Manuel Pintos, Saco y Arce, Montero Ríos, Manuel Murguía e moitos outros. En Pontevedra, casa con Amalia Limeses, emparentando, por primeira vez, con Celso García de la Riega. Emparenta tamén cos Mariño de Lobeira, para desgraza do seu neto Xosé María Álvarez Blázquez, que herdou unha enfermidade da pel ?ictiose? porque os Mariño, segundo o licenciado Molina, viñan da unión dun cabaleiro e dunha serea. A ictiose caracterízase pola pel escamenta (se non e vero e ben trovato). Foi director do instituto de Pontevedra durante vinte anos en tres períodos distintos. Formou parte do comité revolucionario de 1868 na sección de educación. Impulsa, participa e preside importantes iniciativas pontevedresas, como a sociedade para o lazareto de Tambo, a construción do liceo teatro no terreo de San Bartolomeu o vello, ?hoxe teatro principal e liceo casino?. É tamén promotor e presidente da sociedade que constrúe unha ponte da barca de madeira, con parte levadiza e de peaxe. Ó mesmo tempo dirixe periódicos e revistas, especialmente pontevedresas, ?El Dictamen, La Paz, El Alerta, El Fénix e El Eco de Tambo, colaborando noutros moitos periódicos e revistas galegos e de Madrid. En 1870 publica Estudio de las faltas del lenguaje que se cometen en Galicia, a primeira tirada é de 4.000 exemplares, e foi reeditado varias veces. Nesta obra denúnciase a contaminación do castelán polo galego e, quen llo ía dicir, que moitos anos despois, Pepe Álvarez Cáccamo denunciaría a contaminación do galego polo castelán en Galego cero. Publica 14 obras de teatro, estreadas todas, dúas delas en Madrid. É autor tamén de: Refranero gallego, Biografía de Fray Martín Sarmiento, Humildes, Libro de poesías en castelán, catalán e galego, e Retórica y poética.
Nº 369 58