BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudo
Lamas Carvajal, redactado con humor, ironía e mesmo carraxe social empregando o modelo do catecismo doutrinal da Igrexa. Todos os demais títulos de catecismos, agás os políticos, que logo estudaremos, fan referencia sempre a temas eclesiásticos53, ou relixiosos54. De Francia chegaron a España os primeiros modelos de catecismos políticos e, posiblemente, o catecismo do P. Gérard foi o máis imitado (en realidade Almanach du Pére Gérard redactado por Collot D'Herbois en 1792). Outros catecismos políticos franceses como o Cathechisme de la Constitution Française. La Nation. La Loi, Le Roi (1791) ou o Cathechisme de la Constitution Republiccaine (1793) deixaron a súa pegada nos primeiros catecismos políticos de España55. Quizais valorando excesivamente a influencia destes catecismos, o Conde de Cabarrús expresábase así nunha das súas cartas:
El catecismo político está por hacer: vmd. sabe que yo quise proponerlos por asunto de un premio cuantioso a nuestra sociedad patriótica. Se podría seguir este método o confiarle a alguno de aquellos pocos hombres para los cuales la idea de contribuir de un modo tan eficaz a la felicidad nacional sería la más dulce recompensa. La constitución del Estado, los derechos y obligaciones del ciudadano, la definición de las leyes, la utilidad de su observancia, los perjuicios de su quebrantamiento, tributos, derechos, monedas, caminos, comercio, industria, todo esto se puede y debe comprender en un librito del tamaño de nuestro catecismo?56.
Os catecismos políticos aparecen a partir de 1808 e a súa incidencia responde a tres momentos: Dende 1808 ata 1814 Dende 1820 a 1823, na segunda experiencia liberal Dende 1868 a 1874, coincidindo co Sexenio Nun importante traballo de recompilación, Morales Muñoz57 enumerou os seguintes catecismos no século XIX:
Impresos en España Impresos fóra de España pero españois TOTAL A distribución de temas é a seguinte: Catecismos relixiosos Catecismos morais, literarios, técnicos etc Catecismos políticos Na publicística galega mantense parecida proporción: Catecismos relixiosos Catecismos políticos Outros catecismos Total de catecismos
Nº 366 314
822 catecismos 169 catecismos 991 catecismos
786 118 8
79,3 % 11,9 % 78,7 %
34 4 3 41
82,9 % 9,7 % 7,3 %