Estudos e investigacións sobre María Mariño
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
se ahoga como el náufrago, en las olas ya perdido, se ahoga como un río que desemboca en un mar. Las aves y el órgano de la mañana con todas las cosas parecen querer compartir del sentimiento por mi voz ahogada. Todo calla, calla todo como un luto... (Mariño 2007: 82)
Precisamente un dos poucos poemas que contén explícita a referencia ó Courel é o titulado ?NOITE CAURELÁ?, no que a noite se equipara a un cantar que entrega fielmente o seu poder a unha ?vozdeserto?. Dela parece proceder unha alta e profusa tensión poética: ?Canto choi dil me veo polo eixe do seu verso! É a noite cegadora dos ucedos, tinguidora dos aires, a que infunde a total escuridade ó existente. A noite non é aquí contemplada na total quietude do sono e do olvido do día, senón que é evocada na súa acción , ?cega?, ?tiñe?, ?téndese?, realiza o seu negro labor eternamente recomezado, igual a si mesma, a noite courelá de María Mariño non é unha noite abstracta senón un ser personalizado e atraente, un misterioso centro de accesión ó poético: NOITE CAURELÁ
1 Ládranlle á noite os cas i ela de ben cega o ucedo. Tiñe os aires a noite. Nela síntese medo. A noite téndese ó sono que a aurora espera cedo. 2 A noite foi un cantar dun fiel ben en vozdeserto. Canto choio dil me veo polo eixe do seu verso! (Mariño 2006: 101)
PASA O SILENCIO DANDO VOCES María Mariño é unha desas poetas intrusas na Voz escura e vella que garda a natureza. Escoita así desde nena as voces da materia, escoita o barullo que se lle interna dentro e toda a súa loita como escritora é dar forma e paso a esas ?mestas voces? que leva o día ?pola calzada do sol?, mensaxe indescifrable que ?Anque un xordo pode oíla,/ non se lle entende o seu són.? (Mariño 2006: 116). E non obstante a poeta asexa e atopa a certeza do vello cantar do río e o zoar do vento e o son da chuvia, a calor do sol. E lanza a definitiva interrogación sobre a esencia humana ou a soa existencia cósmica. María Mariño sitúase así ante o abismo do coñecemento ? Somos algo do seu berce/ou Il é
93 Nº 368