Dolet?n de la Real Academia Gallega 8i
cada castro, de cada m?moa e de moitos mananti?s, hai tecida unha croa
de relatos fabulosos, cuios h?roes son unha espezal caste de xentes que
case de cote desinanse co nome de mouros. Istes mouros identificados
nidiamente en moitos casos cos invasores da pen?nsua e tam?n relazona
dos noutros cos aituaes habitantes do N. da Africa, presentan as? e todo
si??s ben sensibres d'unha meirande antiguidade.
? comente advertir en pirmeiro lugar que pr'o noso pobo a mourin
dade non ? soilo o Islam, se non todo aquelo que non ? cristiandade. A
un home que dend'as Filipinas brincara pr'o Xap?n, ouv?moslle decir
que ti?a andado por terras lonxanas de moita mourindade. Pra iste home
coma pr? 'nor parte dos galegos iletrados, ser mouro e sinxelamente
non ser cristi?n, e niste senso aquela verba pode desinar a calquer xen
til dos tempos antigos ou modernos.
Esiste por outra parte un feito, ouservado outrora por Martins Sar
mento en Guimar?es, que descobre con canta facilidade as lembranzas
das invas?s e das guerras p?i?ense unhas no canto das outras na mente
do pobo. Conta Sarmento que mais d'unha vez tifia ouvido ap?r a cos
truz?n d'un Castro ?s soldados de Napole?n, e n?s pola nosa parte,
poidemos facela comprobanza do dito polo sabio portugu?s ? escoitar
qu'a Rodela de Framontaos (Merca, Celanova), e as m?moas do Monte
das Motas (Lobeira, Bande), foran obra de franceses e ? saber, ainda con ?
meirande ademiraz?n qu'os aterros d'Outeiro de Fontefr?a (Merca, Cela
nova) foran erguidos polos carlistas. I? que pr'aquiles que non tefien
unha conecenza xiquera sexa rudimentar da historia, o tempo anterior
?s devance;ros mais pr?simos valorizase somente por acontecimentos
d'estraordinaria manitude, que perdendo paseni?amente os seus caraite
res distintivos tenden a misturarse e a confundirse.
? natural qu'a longa loita da Reconquista, na que tanto interviron
os galegos, deixara un ronsel fondo no esprito popular, ronsel qu'as pos
teriores espediz?s a Africa, as incurs?s dos piratas berberiscos e tamen
as modernas guerras marroqu?es, vi?ieron renovar facendo qu'as lem
branzas do tempo dos mouros ficaran vivas, namentras esmorec?an os
vestixios d'outras invas?s, que coma a dos normandos magoaron consi
derabremente a terra de Galiza.
Diant'o mouro, nemigo de todolos d?as, distinto na fala, no traxe e
sobor de todo na relix?n, non soilo desapareceron os outros nemigos,
se non que baixo o seu nome vi?eron fundirse e acocharse todolos pobos
non cristi?ns. Mais as veces iembora unha certa tendenza a vestir a
mourindade castrexa coas roupas de verdadeiros islamitas, sai do fondo
dos relatos algo que nos advirte a sua verdadeira natureza orixinaria.