Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
da súa orde habitual. É nómade, descentrada, contrapuntística; mais ao se afacer a ela, a súa forza desestabilizadora aboia de novo?40. Esta reflexión verbo do exilio, porén, non se pode apor aos republicanos que, contra a primeira metade da década de corenta, erguen a súa contribución para o esmagamento do fascismo mundial. Están en guerra. Acae mellor ao Lorenzo Varela que, por volta dos cincuenta, perdeu certas esperanzas e non deixa de se tentar afacer a esa vida ?nómade, descentrada, contrapuntísitica?. Pola sección do Correo Literario desfilan inevitabelmente os escritores casteláns coniventes ou colaboracionistas co fascismo. Pío Baroja41, Ernesto Giménez Caballero42, Ramón Pérez de Ayala43, José María Pemán44, Azorín45, Jardiel Ponciela46 ou Manuel Machado47 pasan pola agulla de 'Premáticas y desahogos', onde se revela a dispoñibilidade cara ao réxime de terror de Francisco Franco. O dardo, nalgunha ocasión, xeneralízase: ?Los libros de Unamuno carecen de importancia filosófica. Esto dicen en España los que carecen ya de importancia existencial?48. Ao tratar o último poemario de Gerardo Diego, outro escritor que aprobou a Franco, Varela entorna unha miga o seu concepto poético: ?Si hay algo que se parezca a una calamidad, espiritualmente hablando, ello es la última producción de Gerardo Diego, metido de pronto a enterrador de banderilleros, sin que le sirvan las alas que en vano intenta robarle a Alberti, nin el cinismo manolo del Machado menor?49. Lorenzo Varela sempre evitou que as calamidades espirituais campasen na súa obra poética, nun tempo tan duro e tan sombrizo como aquel que dicía Bertolt Brecht50. As teimas, as loitas literarias, os inimigos culturais de Lorenzo Varela xorden aquí e acolá en 'Premáticas y desahogos', confirmando a autoría do poeta de Monterroso tal e como deixou explicado Luís Seoane. Varela nunca ocultou a súa pouca estima, literaria mais ao que parece tamén persoal, polo escritor estadounidense Ernest Hemingway. E así o expón nunha das 'Premáticas' máis memorábeis: ?Ernest Hemingway es un escritor que tiene la capacidad adquisitiva de Henry Ford, la audacia de Al Capone y la inteligencia que exige la MetroGoldwynMayer?51. Lorenzo Varela non falaba por non estar calado, senón que coñecera de primeira man a Hemingway durante a defensa de Madrid na Guerra Civil española52. O poeta galego dirixiu igualmente cara a Hemingway, no artigo '¿Por qué es aburrida la literatura?'53, a afirmación de que a prosa do norteamericano era unha ?hoja de servicio mal redactada?. Cando en 'Premáticas y desahogos' fai entrada o escritor mexicano Martín Luis Guzmán ??El estilo de Martín Luis Guzmán es de cazador: apunta, hace fuego, y regresa a la oficina con el prójimo en el zurrón?54?, entra tamén o conflito que deu fin á revista mexicana Romance, na que tanto se implicou Lorenzo Varela55 durante os dous primeiros anos do seu exilio en México D.F. Na mesma sección do mesmo número do Correo Literario, xunta Martín Luis Guzmán, preséntase o poeta español Juan José Domenchina ??Detrás de esta palabra: Domenchina, es fácil comprender que no hay más que un hígado maltratado por las musas vengadoras??, o exiliado de dereitas, adversario de
55 Nº 366