BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
cuestión da sinatura e da autoría, antes referida, de 'Premáticas y desahogos' parece ser a única diana buscada por estas liñas: ?Siempre hemos creído que el autor de anónimos es algún desconocido: alguien a quien no conocen sus parientes más cercanos. En cuanto a la idea del vulgo, que siempre cree que es algún conocido, podría ser acertada si no fuese tan difícil conocer a alguien que tiene seguramente serios motivos para ocultar su apellido?34. Esta achega de autocrítica, que raia na burla de si propio, pódese aplicar, se cadra, a moitos dos aforismos nos que Lorenzo Varela ataca as institucións do campo literario, o oficio do escritor ou certa retórica de certos autores de certas obras. O branco máis usual do afiado gume de 'Premáticas y desahogos' resulta aquel conformado polos actores do xogo culturalliterario do tempo. Ao ter en conta que o Correo Literario é, antes de máis e segundo a definición estabelecida por César Antonio Molina, un periódico das letras35, enxérgase o carácter maioritario da presenza da literatura na sección de Varela. E a crítica á que se ve sometido o que teña a ver con ese eido da cultura devén por veces demoledora. O oficio de escritor, con todas as súas miserias, íspese brutalmente: ?Los escritores que hacen cierta revista de cuyo nombre queremos olvidarnos, confiesan en un arranque de sinceridad, en un comentario de su sección editorial: 'No ignoramos que la profesión de escritor obliga a cometer muchas tonterías?36. Se nalgunhas ocasións o asunto se desenvolve con meirande amplitude ??Ese señor cuyas obras completas son un prólogo y medio cuento, cuyas lecturas se limitan a los suplementos dominicales de la prensa en boga, cuyos títulos para justificar su existencia en este mundo son una voz hueca y una pobre cabecita llena de pedantería, anda estos días, todos los días, por esas calles de Dios, agitando su pereza en vanas conversaciones de costurerilla displicente cuyos desaires, a pesar del tonillo ofensivo, no son otra cosa que ganas de aventura. Y es que hay gentes que quieren ver mezclado su nombre, ya que no sus obras, a sus intenciones?37?, noutras o lategazo actúa como xeito de expresión: ?Gracias a una aguda observación anónima hasta ahora, de Octavio Paz, sabemos que hay escritores que son escritorios?38. Cando se supón que o disparo de 'Premáticas y desahogos' contra o oficio se dirixe a escritores en activo do entorno máis ou menos inmediato da revista, Lorenzo Varela adoita omitir o nome da vítima ??El joven poeta decía que se estaba buscando. ¡Por qué sitios, Dios mío!?39. No entanto, para outra das categorías nas que, de certo xeito, se poderían clasificar os escritos que fan parte da sección, aquela que consiste en cuestionar os escritores españois que ficaron no bando fascista de Guerra Civil, os nomes e apelidos aparecen explícitos. En 'Premáticas y desahogos' transparéntase un certo aire de combate inconcluso. A Segunda Guerra Mundial aínda non rematara e os exiliados republicanos galegos que andaban por detrás do Correo Literario non asumiran plenamente a súa condición. A derrota do nazismo podía levar canda si o derrocamento de Franco e nesas teimaban uns homes con todos os folgos de quen ten un mundo a conquistar. Para Edward W. Said, o exilio ?non é nunca un estado satisfactorio, plácido ou seguro do ser [...] é a vida tirada
Nº 366 54