Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Para o pintor amigo de Varela, os apuntamentos e aforismos que fan parte da sección resultan unhas pequenas obras ?que lembran polo humor, os de G.H. Lichtenberg, ou os de J. Swift de Os viaxes de Gulliver, e que constitúen unha crítica da vida intelectual da época?14. No mesmo texto, o limiar á publicación do libro de Varela Homaxes, Seoane descobre precisamente a autoría do poeta de Monterroso tras esas faíscas literarias que, a dicir verdade, resultan máis que ?unha crítica da vida intelectual da época?, que tamén. E descobre a Varela na redacción porque durante os doce primeiros números do Correo Literario, os que sobreviviu 'Premáticas y desahogos', a sección figurou sen asinar ou asinada co pseudónimo ?Cojuelo?. Unha vez máis, Luís Seoane revelou a man de Varela detrás do anónimo15 e devolveulle os méritos lexítimos, aínda que de xeito póstumo. Con todo, o enxeño, a mala pipa, o que de radiografía dunha época, e non só literaria, presentan os artefactos verbais, as faíscas, de 'Premáticas y desahogos' ben merecen unha paraxe máis demorada. ESPELLOS E MODELOS Premática: ?Ley emanada de competente autoridad, que se diferenciaba de los reales decretos y órdenes generales en las formulas de su publicación? (dicionario da Real Academia Española16). A cabeceira da sección, 'Premáticas y desahogos', saíu, probabelmente, dos trebellos literarios de Lorenzo Varela. A súa admiración confesa pola literatura española do chamado Século de Ouro, maiormente por Quevedo17, fornecían, xunta outras razóns, ao poeta de Monterroso dun sólido coñecemento do idioma castelán. Así, Varela escolleu un vella figura legal para acubillar a enxurrada de reflexións sobre o divino e o humano que constituíron ese apartado do Correo Literario. A compoñente de alivio intelectual agóchase na segunda parte do encabezamento, 'desafogos'. E abofé que algo de desafogo existe cando, ben so o anonimato, ben so o pseudónimo 'Cojuelo', Lorenzo Varela tira a dar contra Pérez de Ayala18, Gerardo Diego19, Salvador Dalí20 ou Jardiel Ponciela21, todos eles homes de literatura e de arte partidarios do fascismo durante ou logo da Guerra Civil en España. A respecto dos modelos que Seoane atribuíu a Varela no limiar a Homaxes, Jonathan Swift e G.H. Lichtenberg, aparecen varias e diversas cuestións. Lichtenberg foi un físico alemán do século XVIII (17421799) na altura de hoxe pouco presente, malia a que Edward W. Said o sitúe xunta Nietzsche, La Rochefoucauld e Chamfort coma sobexo escritor de aforismos22. No que atinxe a Jonathan Swift, o autor d'As viaxes de Gulliver23, as dúbidas resultan doutra traza. Malia a que a sona dos aforismos de Swift, chegados da súa querenza por La Rochefoucauld, non admite discusión, as traducións parciais das que foi vítima o escritor irlandés, case sempre minguadas a versións mutiladas d'As viaxes de Gulliver, impiden afirmar con rotundidade o coñecemento de Lorenzo Varela das men51 Nº 366