BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Lorenzo Varela
Aires ?De mar a mar, con Arturo Serrano Plaja?, a acción de Varela multiplicouse namentres durou a esperanza antifascista no exilio republicano. E é xusto desas ansias de liberación que naceu, en novembro de 1943 e co pulo de Luís Seoane, Lorenzo Varela e Arturo Cuadrado, o periódico quincenal Correo Literario. NOS ALICERCES DO CORREO Durante os corenta números que resistiu o Correo Literario6, a través das súas páxinas desfilou o máis graúdo non unicamente da cultura exiliada senón tamén das artes internacionais. Encirrados pola tríade dirixente, unha manchea de célebres sinaturas inzou a proposta dos refuxiados galegos: Ernesto Sábato, Julio Cortázar7, Octavio Paz, Ilya Ehrenburg, Louis Aragon, Vicente Huidobro, Mário de Andrade... A fronte cultural republicana respondeu ao proxecto de Seoane, Varela e Cuadrado. Alberti, Arturo Souto, León Felipe, GilAlbert ou Francisco Ayala prestáronse a colaborar na xeira dun Correo Literario que andou á par do seu tempo histórico, e así o proclamaba o chamado ao lector aparecido na capa do primeiro número: ?A pesar de que CORREO LITERARIO no será un periódico político, en sus números estará siempre presente la convicción democrática de quienes lo alientan y colaboran en él, la fe activa en el porvenir triunfante de la libertad?. Era o 15 de novembro de 1943 e a Segunda Guerra Mundial comezaba a mudar as tornas, logo da vitoria soviética en Stalingrado. O derradeiro folgo dos exiliados españois inchábase coa perspectiva da invasión aliada da España franquista unha vez esmagado o nazismo. O peso de Lorenzo Varela na traxectoria pública do Correo Literario resultou decisivo. Amais de se encargar da distribución e do incipiente centro de documentación da revista8, Varela tirou no Correo máis artigos ca en ningunha outra das publicacións nas que participou. Xunta Seoane e Cuadrado, Varela traballaba para o Correo a tempo completo. As recensións de libros, a crítica de arte e de cinema, a teoría literaria ou a intervención política foron practicadas polo poeta de Monterroso, adoito empregando o pseudónimo Felipe Arcos Ruíz9, ao longo dos case dous anos de vida da revista de Buenos Aires. Alén diso, Lorenzo Varela deu á luz sete poemas até daquela inéditos10 e levou a escasa máis significativa presenza da poesía galega, reducida a unha nota crítica respecto de Jacobusland11 e a unhas traducións da obra de Aquilino Iglesia Alvariño12, ás páxinas do Correo. Entre as dúas seccións fixas do quincenario que o poeta redactou figura a 'Carta abierta', unha caste de editorial da publicación onde se ?ensarillan, ata facérense inseparables, os temas culturais e políticos?13, entre os números 14 e 39 do Correo Literario. 'Premáticas y desahogos' foi a outra. 'PREMÁTICAS Y DESAHOGOS': A SECCIÓN A definición canónica do apartado de Correo Literario 'Premáticas y desahogos' entre os estudos e estudosos dedicados ao poeta Lorenzo Varela trázase a partir de Luís Seoane.
Nº 366 50