BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
? Continuación das tarefas de catalogación e informatización no cuarto e quinto andares. Na Hemeroteca levouse a cabo organización definitiva do fondo galego e americano coas conseguintes tarefas: ? Revisión de todo o fondo coa inclusión de novos títulos que proviñan doutras dependencias da RAG (Arquivo, sala de folletos, cuarto e quinto andares e soto) ou ben que chegaron como doazón, intercambio ou compra (Fondo Isidro Parga Pondal). ? Recolocación de parte das publicacións periódicas por razóns de conservación e revisión de rótulos. ? Catalogación informatizada de todo este fondo. ? Inicio da dixitalización de parte das publicacións de fondo galego grazas a un convenio coa Fundación Pedro Barrié de la Maza. Arquivo Creado en 1905. Director: D. Antonio Gil Merino. Financiamento: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Traballos desenvoltos: Arquivos persoais: ? Organización e descrición dos fondos da Familia Pardo Bazán, Eduardo Pondal e Arquivo Parga Pondal. Arquivo fotográfico: ? Catalogación dos seguintes fondos: Manuel Casás, Eduardo Pondal, Rey Escariz, Familia Pardo Bazán, José Baldomir, Santiago Bonome e Xavier Bóveda ? Tarefas de limpeza, aspirado e instalación definitiva con material adecuado. Arquivo Academia: ? Organización e descrición dos expedientes dos académicos (1 100 en total). ? Contidos do Arquivo para a páxina web. ? Informatización da correspondencia da RAG (ano 1905). ? Creación de documentos normalizados para a xestión administrativa. Coleccións: ? Organización e breve descrición dos manuscritos orixinais existentes no Arquivo. ? Índice de mapas, planos, carteis, bandos, debuxos e gravados. CONVENIOS Durante o ano 2003 a Real Academia Galega asinou unha serie de convenios de colaboración con distintas entidades, co fin de desenvolver proxectos concretos: ? Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para o mantemento do Servizo de Terminoloxía CientíficoTécnica en lingua galega.
Nº 365 306