Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
dos tomos I e II, dan conta de importantes modificacións que se teñen introducido nesta segunda edición tanto na parte textual como nas ilustracións. Entre os proxectos desta sección ocupa un capítulo importante a catalogación, transcrición e anotación do monumental epistolario de D. Manuel Murguía. No mes de maio de 2003 saudamos a aparición do primeiro volume do que son responsables o profesor D. Xosé R. Barreiro Fernández e de D. Xosé L. Axeitos. O libro apareceu na colección Galicia Viva da Fundación Pedro Barrié de la Maza. Está previsto que todo o prezado material epistolar arredor da figura do primeiro presidente da Real Academia estea a disposición dos investigadores no ano 2006 coincidindo coa efeméride do Centenario da institución. III. Sección de Literatura Creada en 1998. Director: D. Xesús Alonso Montero. Financiamento: Real Academia Galega. Traballos desenvoltos: Cómpre salientar a aparición inmediata do primeiro froito dun proxecto de grande interese denominado Letras da Academia. Trátase de aproveitar a abondosa e fértil documentación inédita que como doazón, principalmente, ten chegado á Academia. Cunha edición da obra poética de D. Antonio de la Iglesia a cargo da profesora Saurin de la Iglesia comeza o desenvolvemento deste ambicioso proxecto literario. Outro capítulo importante desta sección, ademais de promover a edición crítica e rigorosa de determinados textos canónicos da nosa literatura, acaba de rematar coa entrega á imprenta da a obra de Pondal Os Eoas, coa que comeza o desenvolvemento daquel ambicioso proxecto literario. A crítica textual a cargo do profesor D. Manuel Ferreiro estará precedida polos estudos dos tamén profesores D. Manuel Forcadela e D. Xosé R. Pena. Biblioteca e Hemeroteca Creadas en 1905. Director: D. Antonio Gil Merino Financiamento: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Traballos desenvoltos: Na biblioteca desenvolvéronse as tarefas que a continuación se detallan: ? Asentamento, selado, rexistro informatizado e rotulado dos materiais máis recentes dos que convén salientar o fondo Isidro Parga Pondal. ? Saneamento e reordenación do faiado distribuíndo os materiais alí gardados ata o momento segundo a súa natureza cara a outras dependencias da RAG (hemeroteca, soto...). ? Revisión dos fondos da sala de folletos: ordenación interna, substitución dalgunhas caixas e traslado para a hemeroteca dalgunha publicación periódica alí asentada. ? Elaboración dunha listaxe dos fondos de Emilia Pardo Bazán trasladados do cuarto andar ao museo coa indicación do lugar que ocupan na actualidade.
305 Nº 365