BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
7. Organizáronse eventos científicos de importancia, como: ? O IV Simposio da AETER (Asociación Española de Terminoloxía) (6 e 7 de novembro). ? O I Simposio Galego de Terminoloxía (6, 7 e 8 de novembro), este en colaboración co Consello da Cultura Galega. 8. Participou en Congresos e reunións científicas especializadas coas seguintes contribucións: ? González González, Manuel: ?Avaliación da situación da terminoloxía en Galicia?, I Simposio Galego de Terminoloxía Santiago de Compostela, 68 de novembro 2003. ? González González, Manuel: ?Cómo organizar la terminología en España?, Mesa redonda (con participación de Rosa Colomer, Amelia de Irazazábal, Fernando Pardo e Mercé Lorente; coordinada por María Teresa Cabré), IV Coloquio de la AETER. Santiago, 67 novembro 2003. ? Castaño, Berta: ?Arrecada. Ficha de traballo terminográfico de Termigal e da Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade?, I Simposio Galego de Terminoloxía, Santiago de Compostela, 68 de novembro 2003. ? María Montserrat Muriano Rodríguez, Berta Castaño Torrado, Inés Veiga Mateos: ?Presentación das bases de datos terminolóxicas elaboradas en Termigal?, I Simposio Galego de Terminoloxía, Santiago de Compostela, 68 de novembro 2003. ? Seminario de Gramática, creado no ano 2000. Directora: D.ª Rosario Álvarez Blanco. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e Real Academia Galega. Traballos desenvoltos: Elaboración e redacción da gramática institucional. Traballos conducentes a un Dicionario de construcións verbais, en colaboración co Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. ? Seminario de Onomástica, creado en 2001. Director: D. Antón Santamarina Fernández. Financiamento: Real Academia Galega. II. Sección de Historia Creada en 1998. Director: D. Xosé Ramón Barreiro Fernández. Financiamento: Parlamento de Galicia e Real Academia Galega. Traballos desenvoltos: Esgotada a primeira edición da obra Parlamentarios de Galicia. Biografías de Deputados e Senadores (18102003), a Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia encargaron unha segunda edición que chegou ás librerías no ano 2003. O coordinador xeral do proxecto, o profesor Barreiro Fernández, e os doutores Beatriz López Morán e Xosé Luís Mínguez Goyanes, responsables respectivamente
Nº 365 304