Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
? ?As actitudes lingüísticas dos mozos e mozas galegos: Unha achega mediante técnicas cualitativas e experimentais?, en Actas dos VI Encontros para a Normalización Lingüística. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. ? Servizo de Terminoloxía CientíficoTécnica en lingua galega (TERMIGAL), creado en 1996. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos 1. Realizouse a revisión da guía de estilo e glosarios iniciais para a localización de Windows XP ao galego, a pedimento de Microsoft. 2. Traballouse no estudo das equivalencias galegas do Léxico panlatino do comercio electrónico, proxecto internacional levado a cabo no seo de Realiter (Rede Panlatina de Terminoloxía) e coordinado polo Bureau de la traduction do goberno do Canadá. Este léxico, que será publicado en liña proximamente, recolle un conxunto de termos especializados de comercio electrónico en inglés e nas principais linguas románicas, entre elas o galego. 3. Continuouse a revisión e ampliación das seguintes bases de datos terminolóxicas: ? Vocabulario de informática e Internet ? Vocabulario da industria téxtil ? Vocabulario de relacións laborais ? Vocabulario de siglas ? Vocabulario administrativo 4. Durante o ano 2003 continuou en funcionamento o Servizo de Consultas, que ten como finalidade a resolución de dúbidas terminolóxicas e asesoramento lingüístico a particulares (diferentes profesionais, entre os que se atopan tradutores, técnicos de normalización, profesores etc.) e institucións públicas (Xunta de Galicia, Consello da Cultura Galega, universidades etc.). Como resultado deste traballo, a base de datos de consultas existente ampliouse con máis de 200 fichas terminolóxicas novas. Ao longo deste ano tamén se levou a cabo unha revisión dos diferentes campos das fichas preexistentes, ampliando o número de equivalencias doutras linguas, engadindo exemplos de uso e imaxes ilustrativas de determinados termos. 5. Como resultado do convenio con algunhas institucións, realizáronse diversas traducións de textos especializados do castelán cara ao galego, así como revisión e corrección de documentos (documentación administrativa e de contabilidade de Repsol YPF, documentación administrativa e exemplar de A Voz do Porriño, documentación administrativa e descricións enolóxicas para etiquetaxe da Cooperativa do Ribeiro etc.) 6. Púxose en marcha o servizo Arrecada, que ten a finalidade de arrecadar e someter a estudo e discusión problemas e propostas denominativas sobre termos cos que tradutores, traballadores de servizos de normalización lingüística, científicos e outros profesionais se atopan na súa actividade diaria.
303 Nº 365