BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
sión bibliográfica e estatística, 2. Revisión e corrección do cuestionario, 3. Concurso e adxudicación do traballo de campo, 4. Deseño mostral. Como características máis salientables desta actualización cómpre sinalar: unha maior atención ás áreas urbanas e suburbanas; atención á zonificación das cidades galegas; fixar o obxecto de estudo na poboación entre 15 e 54 anos; estudar tamén a situación sociolingüística do galego estremeiro. A mostra final considerada parte da realización de 8.900 entrevistas dun universo total de 1.508.949 galegos, o que suporía un erro máximo de +/1.05 para os datos globais. 2. O Seminario de Sociolingüística elaborou unha proposta de partida para o deseño dun Plan Xeral para a normalización da lingua galega, que entregou á Dirección Xeral de Política Lingüística. 3. Colaboración no proxecto Análise da situación do ensino bilingüe na Comunidade Autónoma de Galicia. Colaborou coa Universidade de Santiago na realización do proxecto de investigación titulado Análise da situación do ensino bilingüe na Comunidade Autónoma de Galicia (cód. PGIDT02EDU20401PR), financiado pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e do que é investigador principal Manuel González González. Neste proxecto preténdese realizar unha avaliación da competencia, usos e actitudes lingüísticas dos mozos ao remataren o ensino secundario obrigatorio. De acordo cos obxectivos do proxecto, durante o ano 2003 deseñáronse e testáronse os instrumentos de medida de todas as dimensións previstas para o estudo das competencias bilingües ao final do ensino secundario obrigatorio: 1. Cuestionario de información sociolingüística, 2. Instrumento para avaliar a comprensión oral, 3. Instrumento de avaliación da expresión escrita, 4. Instrumento para avaliar a comprensión escrita, 5. Instrumento de avaliación das interferencias lingüísticas, 6. Instrumento de avaliación da expresión oral, 7. Instrumento de avaliación da fonética. Para testar as probas deseñadas escolleuse unha mostra de estudantes de 4º da ESO da comarca de Santiago. Despois da análise dos resultados dos diferentes instrumentos deseñados foi preciso realizar algunhas correccións antes de aplicalas sobre a mostra definitiva. 4. Durante o ano 2003 publicáronse os seguintes traballos, realizados polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega: ? O galego segundo a mocidade. Unha achega ás actitudes e aos discursos sociais baseado en técnicas experimentais e cualitativas. A Coruña: Real Academia Galega. ? ?Revisión das actitudes lingüísticas da mocidade galega: resultados dunha achega indirecta e cualitativa?, en Cadernos de Lingua 25, Real Academia Galega, páxs. 6374. ? ?The draft of measures to improve attitudes towards the Galician language and the extension of its use?, Noves SL. Revista de sociolingüística (http://cultura.gencat.net/llengcat/noves), Barcelona: hivern, 2003. ? ?Actitudes lingüísticas en Galicia?, en Grial ,160, páxs. 5259.
Nº 365 302