Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2003 Foi dedicado á personalidade do escritor e poeta Antón Avilés de Taramancos. O Día das Letras Galegas transcorreu na vila natal do homenaxeado, en Noia. A sesión académica extraordinaria e pública celebrouse o 17 de maio no Teatro Coliseo Noela, coas intervencións dos académicos: ? Excma. Sra. D.ª Xohana Torres ? Excma. Sra. D.ª Luz Pozo Garza ? Excmo. Sr. D. Salvador GarcíaBodaño ? Pechou o acto o Excmo. Sr. Presidente da Real Academia Galega, D. Xosé Ramón Barreiro Fernández SECCIÓNS DA REAL ACADEMIA GALEGA I. Sección de Lingua: componse dos seguintes seminarios: ? Seminario de Lexicografía creado en 1983. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos 1. Continuáronse os labores de redacción de novas entradas, de incremento de novas acepcións nos artigos xa existentes, e corrección dos artigos redactados no Diccionario da Real Academia Galega. 2. Tamén se seguiu traballando na redacción do Diccionario bilingüe castelángalego, e foi necesaria unha revisión total dos artigos xa redactados para adaptalos ás novas normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola Academia no mes de xullo. 3. Durante este ano apareceron as seguintes publicacións relacionadas co traballo do Seminario: ? González González, M.: ?Proxectos lexicográficos en curso? en: González Seoane, E. (coord.): A estandarización do léxico, Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2003, páxs. 499550. ? González González, M.: ?Síntese dos cambios no novo texto das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobado pola Real Academia Galega en sesión plenaria do día 12 de xullo de 2003, con respecto ao texto da edición de 1995?, Cadernos de lingua, 25 (2003), 129142. ? Seminario de Sociolingüística creado en 1990. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos: Ao longo do ano 2003, o equipo de investigación do Seminario de Sociolingüística da RAG realizou as seguintes actividades: 1. Posta en marcha do proxecto de investigación Actualización do Mapa Sociolingüístico de Galicia De acordo coa temporalización establecida para o desenvolvemento deste proxecto, durante o ano 2003 realizáronse as seguintes actividades: 1. Revi301 Nº 365