Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Roma. Membro de número da Sociedad Argentina de Humanismo Médico. Con carácter honorario, foino tamén do Ateneo de Historia de la Medicina da Facultade de Medicina da Universidade de Buenos Aires, e asesor científico do Instituto de Ciencias del Hombre. Participou, asemade, na creación da Sociedad Española de Patología Digestiva e na Sociedad Española de Patología Psicosomática, das que foi membro fundador. Socio de Honra da Asociación de Biopatología Clínica de España. Profesor do Colexio Libre de Eméritos. Patrono da Fundación Xavier Zubiri e de varias institucións e fundacións galegas, entre outras a Fundación Luiís Seoane, a Fundación Rosalía de Castro e a Fundación Otero Pedrayo, de quen foi testamenteiro. Asesor cultural da Fundación Pedro Barrié de la Maza. Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. Xurado dos Premios Príncipe de Asturias, dos que nalgunhas ocasións foi tamén presidente. Fillo adoptivo da cidade da Coruña. Medalla de ouro do Colexio Oficial de Médicos de Galicia e Premio Beechman da Sociedade Española de Médicos Escritores. Xunto cos doutores Laín Entralgo, Duarte, Rof Carballo e Hernando formou parte do Comité Español da Guide Internationale de Médicins. Board Member da International Association for Cultural Freedom, con sede en París, xunto con Pierre Emmanuel, François Bourricaud, Shepard Stone e outros. Os seus restos repousan no panteón familiar do cemiterio compostelán de Boisaca.
315
Nº 365