BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
dir a colaboración periódica e constante en cabeceiras xornalísticas e revistas especializadas (tamén de especialidade médica) dentro e fóra de Galicia, así como unha importante actividade como conferenciante, xénero no que brillaba singularmente. Algúns dos seus traballos periodísticos están recollidos en volumes como Cen relembros, (1993), Os gromos do pensamento (1996), Libro dos comentos (1996) ou Tempo de lecer (1998). En castelán publicou, entre outros títulos, Rosalía y su sombra (1952), Disculpa de Galicia (1955), Retrato de un médico gallego (1957), Notas para una antropología del hombre gallego (1966) e Tres síntomas de Europa (1968). Como tradutor salientan as súas achegas á obra de Heidegger e Spranger. Como prologuista, algúns dos seus traballos adquiren a dimensión de brillantísimos ensaios, tal o que serve de limiar á Escola de menciñeiros (1959) de Álvaro Cunqueiro. Foi editor da obra poética e da correspondencia do poeta Manuel Antonio. A medicina e as letras. A curación (tamén) pola palabra. A maxia sanadora do verbo. Velaí o seu interese polos vellos menciñeiros. A palabra e a fe, que no fondo é a credibilidade (do receptor) respecto de quen emite a mensaxe, ata punto de entregarse e rexurdir, da súa man, das profundidades. A loita contra a depresión (física e psíquica). A construción do discurso como valor (e factor) de identidade. O concepto de autenticidade, tan querido. O pensamento coma canle liberador. A arte como vía de coñecemento. Rosalía... Castelao... Maside... Picasso... A vella escola alemá na que se formou abríralle os camiños da significación da alma (a psique) para explicar os procesos do comportamento biolóxico, nos individuos e nas sociedades. Todo na tradición do máis circio humanismo. A obra de GarcíaSabell fai compatible (e complementa) a arte de curar e curación pola arte (a sensibilidade do artista). Era un liberal. Profundamente liberal. Na mellor tradición do pensamento libre. A lingua non configura un territorio neutro. O uso culto do galego, tamén no ámbito da vida social, era para o grupo Galaxia unha ferramenta de transformación da realidade. GarcíaSabell utiliza o idioma moi conscientemente neste sentido. A precisión, a vocación de estilo, o rigor na selección das palabras e na configuración do discurso expositivo caracterizan un corpus literario, rico e complexo, enraizado na identidade do país e, ao mesmo tempo, universal (a lingua como ferramenta de acceso e difusión do coñecemento), sempre pensando nunha sociedade nova, moderna, democrática e aberta. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, a súa cidade natal. Continuou despois a súa formación en Suíza e Alemaña, pensionado pola Junta de Ampliación de Estudios. Premio Extraordinario de Licenciatura en Santiago e Premio Extraordinario Nacional de Doutorado en Madrid, cunha tese dirixida polo doutor Jiménez Díaz. Na súa etapa de estudante compostelán foi Presidente da F.U.E. Académico numerario da Real Academia Galega, formou parte tamén das Academias de Medicina e Cirurxía de Galicia, así como da Real Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario e da Academia Galega das Ciencias. Membro do Clube de
Nº 365 314