Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Constituíntes durante a transición política, ou a Delegación do Goberno en Galicia (19811906); e 4. a dimensión intelectual, como pensador e escritor (en galego e en castelán). Destas catro dimensións, as dúas primeiras permanecerán na memoria dos seus pacientes e amigos, así como das persoas das xeracións formadas naqueles anos que tiveron na residencia familiar da Rosaleda, en Santiago de Compostela, un referente de formación intelectual e galeguista, na compaña de Ramón Cabanillas, Ramón Otero Pedrayo ou o propio Ramón Piñeiro, entre outros. A terceira forma parte das continxencias do ser político, que se compromete co seu tempo alí onde cre que pode ser útil e máis operativo (o proceso de galeguización institucional no delicado período da transición da ditadura á democracia, despois da morte do xeneral Franco en 1975). A cuarta, sen dúbida, permanecerá e prolongarase na medida en que saibamos ler, comprender e difundir a súa obra, achega vizosa ao discurso do pensamento e as letras galegas contemporáneas. É esta dimensión, sen desmerecer as anteriores, a que cómpre, sobre todo, salientar. Domingo GarcíaSabell é unha das figuras cimeiras do ensaio galego de posguerra. A aparición de Ensaios I (1963) e Ensaios II (1976) representan quizais o seu gran momento de madurez. No conxunto da súa obra, asuntos tan variados como a arte, a comunicación, a antropoloxía do home e da muller galegos, a psicoloxía social, o erotismo, a soidade, a curiosidade intelectual (e emocional) do ser humano diante da enfermidade ou a morte, alternan con estudos sobre personalidades significativas, nosas e universais, como Rosalía de Castro, ValleInclán, Castelao, Luís Seoane, Novoa Santos, Emilia Pardo Bazán, Otero Pedrayo, Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Carlos Maside, James Joyce, Saul Bellow, Van Gogh ou Pablo Picasso, ata configurar un mosaico que, na súa totalidade, constitúe un expoñente claro do xeito de entender Galicia que tiña aquel grupo xeracional, o da fotografía: identidade (autenticidade) e universalidade, rigor intelectual e liberdade de pensamento, precisión analítica e vocación de estilo, individualidade e compromiso coa estirpe común. A lingua e o pensamento galegos abren o seu discurso cara a dentro e cara a fóra, cando menos nas cuestións que o preocupaban, cuestións sempre de carácter esencial, poucas veces accidental ou circunstancial. O seu traballo sobre Rosalía de Castro, publicado no libro colectivo 7 ensayos sobre Rosalía (1952) amosa unha capacidade de observación, unha vocación universalista (a partir da identidade do ser galego) e unha sensibilidade intelectual pouco frecuentes, extraordinariamente enriquecedoras no seu momento. Inauguraba daquela unha liña de preocupación que culmina no citado Paseata arredor da morte (1999) e que inclúe unha selecta nómina de títulos (A pintura como comunicación, 1971; As facianas do erotismo contemporáneo e outros ensaios, 1976, Carta ao pintor Luis Seoane, 1983; A Coruña: onde nace a luz, 1989, Análise existencial do home galego enfermo, 1991) aos que debemos enga313 Nº 365