Apéndice
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
votación secreta. Para saír elixido na primeira votación requírese maioría absoluta do censo de académicos numerarios. Se ningún dos candidatos acadar esa maioría, farase unha segunda votación entre os dous candidatos máis votados, considerándose suficiente nesta segunda votación a maioría de votos favorables dos académicos presentes. En caso de empate repetirase a votación; de persistilo resultado, considerarase elixido o candidato de maior idade. Artigo 14 A Secretaría da Academia notificaralle ó interesado por escrito e con notificación de recepción o resultado da elección non máis tarde de oito días despois de producida, e achegaralle un exemplar dos Estatutos e do Regulamento, facéndolle reparar nos artigos que prescriben o termo e a forma á que se deberá axustala posesión da súa praza. Artigo 15 Os elixidos para académicos de número tomarán posesión en Xunta extraordinaria co ceremonial que establece o art. 39 deste Regulamento. A este fin remitiranlle á Academia o discurso de ingreso no prazo de seis meses contados dende a data da comunicación da súa elección. De non facelo nese prazo por razón xustificada, a Academia concederalle outros tres meses. Se neste segundo prazo non entrega o discurso, caducará o nomeamento e procederase a unha nova elección. No caso de que para este atraso exista un impedimento lexítimo e notorio a xuízo da Academia, esta poderá concederlle un derradeiro prazo de tres meses. Artigo 16 Os académicos correspondentes deberán reunilas condicións que sinala o artigo 10 dos Estatutos. En consecuencia, deberán ser persoas que colaboren nos traballos da Academia ou que á institución lle interese incorporar ós seus traballos. O procedemento de elección será o mesmo có sinalado para os académicos de número, coa diferencia de que abondará coa proposta escrita de dous académicos de número. A Secretaría comunicaralle a decisión da Academia á persoa elixida e remitiralle un exemplar dos Estatutos, do Regulamento e mailo título ou diploma correspondente. Ademais de asistiren ós traballos dos Seminarios que os convoquen, eventualmente o Plenario pode convocalos para oílo seu parecer verbo dun determinado punto. Nese caso incorporaranse cando a xuntanza do Plenario chegue á discusión dese punto e nel participarán con voz pero sen voto. Terminado este asunto, o presidente agradecerállela súa presencia e colaboración, e retiraranse. Artigo 17 A Academia poderá nomear académicos de honra figuras eminentes que teñan ofrecido valiosos servicios a Galicia nos ámbitos dos que se ocupa esta institución. O procedemento de elección será o mesmo có o sinalado para os académicos de número e a Academia comunicaralle á persoa elixida a decisión e de acordo con ela establecerá unha data para o acto de ingreso. Neste acto un académico numerario designado polo
349
Nº 362