BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Apéndice
cial nas súas clases, conferencias e nas entrevistas nos medios de comunicación. Artigo 7 a) Na primeira reunión despois do Día das Letras Galegas, o Plenario da R.A.G. escollerá o persoeiro a quen se lle dedicará esa conmemoración no ano vindeiro. A figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe. En calquera caso deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese día. As propostas, razoadas e asinadas por un mínimo de tres académicos, deberán incluírse na convocatoria do Plenario correspondente. b) A Academia procurará enriquecela súa Biblioteca, con cantos fondos sexan necesarios e funcionará conforme se especifica no cap. X. Tódolos académicos teñen o deber de enviar á Biblioteca un exemplar de tódalas súas publicacións.
CAPÍTULO III Elección dos académicos Artigo 8 As vacantes de académico de número declararanse na Xunta ordinaria seguinte á producción da vacante. Artigo 9 As propostas só se poderán referir a un candidato; deberánse facer por escrito, expresando, dun xeito concreto, os méritos do aspirante, e deberán ir asinadas por tres académicos de número, que responderán do asentimento do interesado, no caso de resultar elixido. As propostas deberán presentarse no rexistro da Secretaría da Academia. Artigo 10 As propostas presentadas para unha vacante non servirán para outra, cando o candidato non resultase electo, xa que é requisito indispensable a presentación de propostas en cada vacante que se produza. Artigo 11 O prazo de presentación de candidatos remata 24 horas antes do Plenario seguinte ó de declaración de vacante. Neste Plenario o presidente fará oficiais as candidaturas e anunciará para o Plenario posterior a votación verbo das propostas. Artigo 12 Nun mesmo Plenario só se poderá elixir un académico, aínda que exista máis dunha vacante. Artigo 13 Na Xunta xeral ordinaria, na que deba ter lugar a elección, o secretario, ou quen faga as súas veces, lerá as candidaturas e, tralo pertinente debate, procederase á elección por
Nº 362
348