Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
43
44
45
46
47
'dentón', é dicir, coa especie que en Pontevedra se coñece hoxe como besugo, «Pez de mar y tres á cuatro pulgadas de largo, por una y media de ancho en el centro, muy parecido al Robalo, de cuya familia debe ser» (Valladares, DD: s.v. PANCHÒZ). Sen embargo, a información recollida por nós en Pontevedra apunta a que, de forzarse a distinción, que poucos recoñecen, o pancho (peq.) e o ollomol (gr.) distínguense do buraz (peq.) e o besugo (gr.) en que aqueles teñen o corpo máis ancho e aplastado, a boca menos bicuda e a escama algo encarnada; segundo Sarmiento, o besugo é ademais maior e mellor có ollomol (CVFLG: 285). Así ocorre en Cambados, onde se empregan habitualmente ámbalas formas, segundo información oral de Francisco Fernández Rei. Mesmo nunha obra de madurez dá esta forma como allea, a pesar do seu rexistro en instrumentos antigos, quizais por non decaer na súa fobia islámica: «Siempre que hacia la raya de Portugal y Galicia se use alguna voz que no sea gallega, esa se pegó de Portugal a la raya de Galicia, no al interior, v.g.: alfayate (sastre), alfájeme (cirujano), almocrebe (arriero) etc. Esas voces huelen a Mahoma, y son de las que en Portugal quedaron de los moros» (OELG: 203). De novo é Sarmiento quen proporciona información adicional, canto ó interese evolutivo da forma testemuñada, canto a outros posibles significados: «Reixélos (hoy rexélos). Corderitos de leche u otro animalito» (CVFLG: 274). En portugués o significado de lapuz está xa desvencellado da esfera de 'comer': «homem ou designativo do homem grosseiro; rude; labrego» (DPE: s.v.). Ningún outro diccionario posterior a recolle. O estilo enciclopédico da definición suxire que está describindo un obxecto concreto non habitual, incluíndo toda a información obtida, ou
48
49
50 51
interpretando a través de certas fontes a voz solla nunha expresión dada, quizais do estilo da maldición do noso texto. Na lingua medieval rexístranse taxar e taixar. A voz úsase tamén nun refrán galego, mariñeiro, no s. XVII: Jornada de mar non he de tayxar, traducido ó inglés como 'A SeaVoyage cannot be limited to dayes' (Londres 1659; apud BouzaBrey 1982: II 217). Rexístraa Carré como «Estar de broma, estar de buenas, contento. Caer de chós caer bien, oportunamente, llegar a punto» (DD: s.v. chós). Ten moi escaso cultivo literario, pero aparece na obra de X. Neira Vilas (1980), que amablemente nos confirma a forma rematada en /s/ e mailo significado que damos, axudándonos a desbotar 'estar satisfeito, ben fartuco', que se podería desprender do noso texto. A mesma fonte, de autoridade indiscutida, e outras pesquisas realizadas confírmana na Ulla, alomenos dende Loño (Vila de Cruces) ata Boqueixón, sempre en territorio de seseo implosivo. Tamén V. Taibo (1956) emprega estar de chos, que define como 'estar de boas, estar de sorte', o que nos fai pensar que tamén a toma da fala e non de Carré. Os lebreiros son paradigma da fidelidade desde a antigüidade. Na época do Diálogo a Terra de Pontevedra estaba constituída pola Vila e o seu pequeno alfoz, e polos territorios de PoioCombarro, Caldebergazo (hoxe A Lama), Cedofeita e CotobadeFragas. Canto a Bemposta, parece tivo un gran protagonismo social e económico, como proba non só o feito de que no primeiro tercio do s. XIX dese nome a todo o partido (ó que pertencían tamén os concellos A Estrada, Codeseda, Parada, Figueiroa, Villarada, Quintillán e Oca), senón que a contribución anual do concello de Bemposta fose un tercio da total desa xurisdicción (Fariña Jamardo 1990: 43, 4748).
311
Nº 363