BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
ción desta serie, Tobío (1980: 357358) publica senllas cartas de María Moscoso [RB II/2171, doc. 93] e de Rodrigo de Moscoso e Sandoval, a primeira escrita en Laiosa o 7 de febreiro de 1604 e a segunda en Santiago o 19 de agosto de 1609. Pouco máis se puido engadir a este corpus ó rematala catalogación da correspondencia do conde de Gondomar (CatGondomar 19992002), pois á parte duns poucos e breves fragmentos en galego insertos en cartas en castelán, soamente se localizou unha nova versión da carta de Beatriz da Serra (Rodríguez Montederramo 1999). Fóra do ámbito privado da escritura, pero localizado tamén no fondo manuscrito gondomarense, débese mencionar outro testemuño en lingua galega, a «Canción galega en loor de don Diego das Mariñas, Parragués», que polo seu estilo podería ser froito dun certame ou academia literaria [Apéndice II]8. Lois Tobío (1973: 367) conxecturaba que «na correspondencia entre os galegos do «estado llano», polo menos, debía empregarse daquela o galego máis do que se supón», e xustificaba a falta de testemuños polo feito de se tratar de «escritos fuxidíos, pasaxeiros, que non intresaba gardar». Pero o conde de Gondomar gardaba calquera carta por insignificante que fose, como o demostran as máis de trinta mil cartas que del se conservan; de por parte, dentro deste legado é cuantitativamente importante o número de cartas remitidas desde Galicia ó conde de Gondomar e todas elas, agás as mencionadas, están redactadas en castelán, polo que a conxectura de Tobío non parece confirmarse. A procedencia do Diálogo, como os testemuños epistolares mencionados, tampouco escapa ó círculo gondomarense, pois unha boa parte dos documentos que o acompañan na carpetiña correspondente delatan esa filiación: a) O primeiro leva por título «Coplas hechas por Joseph de Porres al feliçe alumbramiento de mi señora doña Costança de Acuña, que Dios guarde muchos años». Constanza de Acuña é a segunda esposa do conde de Gondomar, da que tivo sete fillos (véxase a árbore xenealóxica en Manso Porto 1996: 157), e o froito do natalicio celebrado por este poeta ocasional é ou Alonso Sarmiento de Acuña, que nace en 1595, ou seu irmán Gabriel, nacido a fins de 15969. b) O segundo, asinado e rubricado por Toribio Marañón, está precedido pola dedicatoria «Ase de dar en la mano / de un señor grande de Acuña / quien todo el estilo acuña / del estilo cortesano», e comeza: «Discreto y valeroso cauallero / de Acuña y de Sarmiento esclareçido». Este poeta circunstancial, xurista de profesión, diríxelle ó conde de Gondomar desde A Coruña, por carta datada o 23 de agosto de 1595, unha petición para que o encomende como solicitador nalgún preito, e ofrécese a visitalo pola vendima [RB II/2132, 221]. c) Outro dos poemas que comparte sinatura co noso Diálogo é o titulado «A la muerte de una ropa del Sor Luis Arias Vezerra», que comeza «Capote que dexaste de ser ropa». Luís Arias Becerra tamén parece estar dentro do círculo de influencia do conde de Gondomar, pois polo menos nove cartas dan testemuño disto e identifícano como adminisNº 363 246