BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
lle pon tacha / é mellor cós que alá sen», con senllos exemplos das contraccións de a+o e ca+os grafadas consonte as anteriores como e . As restantes amálgamas son grafadas ó xeito moderno (do, da; na, nas; co, cos; polo, pola), sen ningún trazo morfolóxico salientable nos restantes contextos: «Como o gato», «entre os máis fortes peóns». Non representa en ningún caso o alomorfo /lo/ tras formas verbais, a pesar de se daren os contextos precisos: «meter o rabo», «gouernar o lugar», «mirar a carnizería», «ber a carne», «bamos a fazer a zea», «non, que pagarás o pato». Canto ó uso do artigo ante posesivo, o comportamento é moi semellante ó descrito para épocas máis achegadas a nós: non se emprega en vocativos («Meu sobriño, pouco biche no camiño», «ou Alberto, ou meu parente», «ben pareze, meu Alberte, que che esqueze»), nin en certas expresións fixadas pola tradición («é, por Deus yen miña fe»), nin cos nomes de parentesco máis próximos («de preguntar por túa nay e primeiro por teu pay», «ay, miña muller Ynés»); úsase nas atributivas identificadoras («este é o meu sobriño») e en xeral cos nomes comúns, excluídas as excepcións anteriores («A miña palabra enpeño»). Unicamente merecen salientarse «En berdade que ten boz de nosso abade» e «as romarías que andou co demo, noso enemigo»: no primeiro dáse un comportamento semellante ó dos nomes de parentesco; no segundo, cómpre interpretala aposición como caracterizadora (cfr. «o demo é noso inimigo ~ inimigo noso») e non como identificadora (cfr. «o demo é o noso inimigo»). 3. Artigo indeterminado. As formas son masc. vn e vns, fem. va (ó noso xuízo grafía de unha ou forma fónica semellante, con compoñente nasal, vid. supra). Falta a contracción gráfica en , pero conta como unha soa sílaba («yaquí está máis de vn testigo»). 4. Demostrativo. As formas empregadas no texto son este, esta, esto, ese, esa, eso e as formas con prep. nesta ~ en esta, nesa, sen ningunha forma hipercaracterizada por medio de i. Estando Pontevedra no límite entre a área de isto e a de esto, conviven as dúas opcións, con preferencia da primeira ou da segunda conforme nos acheguemos respectivamente ó Morrazo ou ó Salnés35; a presencia exclusiva de formas con e podería situarnos ó norte da vila, pero parece unha conclusión arriscada con tan poucas ocorrencias. As formas en e / a son usadas como pronomes («¿Ese é o pago que merezen?») e como determinantes («nesta vila»); como pronomes non substitutos atopamos tanto eso, con referente inanimado ('esas cousas': «ber a carne que se corta, que algua seique foi morta que seis naçidas tragía. Que eso passa»), coma este, con valor de 'persoa' e referido ó contexto extralingüístico ('este individuo aquí presente': «¡Ay Jesú[s]!, ¡Bállame o sinal da cruz! ¿E este é o meu sobriño»). 5. Entre os cuantificadores destacan con noncontables, como determinante co valor 'intensivo' («se figera algún frío») e como pronome con valor 'porcional' («a carne que se corta, que algua seique...»), e maila forma ningén («que non mora con ningén»), que hoxe comparte espacio na mesma área con nadia e ninguién (ALGa:
Nº 363 264