BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre María Mariño
sións dun mesmo motivo14, a morte da árbore e o seu derradeiro alumear xa non na terra senón no fogar. Tal e como di Olga Novo, ?María Mariño entendeu ben a mensaxe da árbore da vida? (Novo 2007: 120). A poeta soubo ver polos seus ollos. Descubriuse tempo encarnado na materia, como os anos no toro dun carballo; viviu coas cicatrices, coma o castiñeiro vello marcado polo sol, pola neve e as xeadas; procurou e atopou no seu nome15 a enerxía dunha verba que comeza, como a leña garda nela o son do crepitar e a luz intensa dun outono insospeitado. E así como os ollos da árbore seca seguiron vivindo nos ollos de ría que o velaron no lar (Mariño 1994: 79), así as árbores do Courel manteñen vivo no seu existir o canto daquela ave que pousou neles e por eles: ?Non son ave que canta pra que lle escoiten? (Mariño 1994: 188).
BIBLIOGRAFÍA
Blanco, Carmen (2007a): María Mariño. Vida e obra, Vigo, Xerais, col. Letras galegas. Blanco, Carmen (2007b): ?Cronoloxía: De Noia ao Courel?, María Mariño, coord. de Carmen Blanco, Santiago de Compostela, Departamento de Filoloxía Galega, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 131132. Breton, André (1999):?Sur la route de San Romano?, Oubliés in Signe ascendant, Paris, Gallimard (1ª ed. 1949), pp. 122124. Fernández Rodríguez, Manuel (2007): ?María Mariño: Unha estranxeiría dende a praia ata o monte?, María Mariño, coord. de Carmen Blanco, Santiago de Compostela, Departamento de Filoloxía Galega, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 93112. Mariño, María (1994): Obra completa, ed. de Victoria Sanjurjo Fernández, Vigo, Xerais, col. Biblioteca das letras galegas. Mariño, María (2007): Más allá del tiempo, ed. de Helena González, Santiago de Compostela, Alvarellos Editora. Novo, Olga (2007): ?María Mariño Carou: Catro escenas de morte e unha lección de vida?, María Mariño, coord. de Carmen Blanco, Santiago de Compostela, Departamento de Filoloxía Galega, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 113130. Novoneyra, Uxío (1991): ?Devesa da Rogueira?, Os Eidos, ed. de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, Vigo, Xerais (1ª ed. 1990). VV. AA. (2006): Árbores de Galiza, Vigo, A Nosa Terra.
Nº 368
72