Estudos e investigacións sobre María Mariño
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
OS OLLOS DA ÁRBORE Piñeiros e castiñeiros non son as únicas árbores do bosque poético de María Mariño. Aínda que moito menos frecuente, a imaxe da carballeira aparece tanto en Palabra no Tempo como en Verba que comenza. A súa presenza está estreitamente vencellada á dos piñeiros, de tal xeito que ambas as dúas árbores comparten catro dos cinco poemas nos que se evocan os carballos11.
(...) leva prantas, leva montes, pinares e carballeiras, leva pedras espelladas (...) (Mariño 1994: 198)
A carballeira trae na súa sombra acolledora o tempo feliz da romaría: ?Tiñan man de peitos cheos as sombras das carballeiras.? (Mariño 1994: 70). O seu son é o da gaita, mais tamén o do vento inmemorial que materializa o tempo:
Zoa na carballeira algo que non é o vento. (...) (Mariño 1994: 74)
Cómpre así mesmo engadir que, á parte da presenza nos textos de plantas arbóreas como a silveira, o espiñeiro ou moi especialmente o ucedo12, en Más allá del tiempo cítanse dúas árbores froiteiras: a laranxeira e o limoeiro (Mariño 2007: 97); este poemario contén ademais unha referencia invernal á bidueira, teito arbóreo de Galicia (VV. AA. 2006: 66), no poema ?Noviembre?: ?Desnudo abedul testigo.? (Mariño 2007: 173). Esta imaxe da arbore núa na invernía é portadora dunha gran forza poética nos textos; neles, é doado recoñecer o fondo impacto causado polas siluetas invernais dos caducifolios no ollar de ría:
Arbre núo e triste, con ollos de pinguada, nas miñas ondas entrabas. (...) (Mariño 1994: 77)
Existe entre a poeta e a árbore unha fonda corrente de solidariedade vital, un entenderse na raíz, un entregarse sen reservas en todas as primaveiras13. Árbore e poeta recoñécense probablemente entre ?aqués que medran soios en empuxe segredo ? peito enteiro ?,? (Mariño 1994: 175). Por iso, as dúas sentidas homenaxes que María Mariño rende á árbore compañeira cando esta chega ao final do seu tempo, conteñen moita sabedoría e moita vida, aprendidas da árbore e coa árbore. Trátase de dous poemas, ?O arbre seco? en Palabra no Tempo e ?Al árbol seco? en Más allá del tiempo, en realidade diferentes ver71 Nº 368