BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre María Mariño
Mariño 2007: 173) antes de que as follas secas acheguen o seu cobre ao tránsito da invernía (Mariño 2007: 142). Mais o souto tamén ten o seu son, no bater da chuvia e no vento que o esperta e que outrora fixera cantar as follas dos castiñeiros: ?vento foi teu troveiro.? (Mariño 1994: 95). A voz do souto prolóngase nos paxaros que acubilla, no cuco, no corvo ou na curuxa que o achegan á poeta no seu canto: ?Llega el soto en la lechuza.? (Mariño 2007: 146). A única referencia sensitiva ao olor do souto non vén da árbore, senón da terra mollada que contén, como outrora o piñeiro, un tempo alén do tempo:
Hoy el soto huele a antaño entre el llanto del otoño. (Mariño 2007: 138).
Da promesa do gromo no canto do cuco ao estalar dos ourizos, do saber que levantou os reprexos ata o soño da folla seca9, todo o ciclo estacional do castiñeiro é materia primeira do poema. O seu arquetipo modeliza moitas das árbores espalladas nos textos:
Árbores castañetean en oco sin medras, sin troques ? verba do tempo ?. (Mariño 1994: 189)
Arredor del nacen fermosas estampas de outonía: ?Quece o zoco no ourizo e na nebra.? (Mariño 1994: 144), e a súa imaxe a través do tempo devén exemplo tanxible do renacer, da vida infinita contida na materia:
¡Hoxe do souto de ouro, onte do meu recordo!
A terra dará outro fillo, ano erguido de sonos.
Comezará a frorecer, a ofrecer e a dar. Logo, ó verse brilar, os seus sonos axeados irán sen remedio morrendo, morrendo i esperanzados. (...) (Mariño 1994: 94)
É nesa esperanza, certa voz da folla seca10, onde a palabra de María Mariño, encarnada no vexetal, atopa o seu ?pouso sin lugar? (Mariño 1994: 118):
Sabe o meu outono que dou clara luz que non se apaga. (...) (Mariño 1994: 142)
Nº 368
70