Estudos e investigacións sobre María Mariño
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Mais non só vive o piñeiro no seu recender, senón tamén, como se explicita na cita precedente, na súa voz; no oído da poeta. Ao son dos piñeirais abaneados pola brisa únense o canto do cuco e as notas da gaita en romaría. O vento que neles habita (Mariño 2007: 140) suxire asemade ao ollar de quen sabe mirar a imaxe dun novo mar: ?Boga el pinar en su perfume? (Mariño 2007: 145). Cómpre así mesmo sinalar que a sombra do piñeiro manso e a súa copa frondosa, ausentes dos poemas galegos e non moi frecuentes no país, serán evocadas na prosa castelá ?Mi viaje y el niño?, que narra precisamente unha viaxe en tren por Castela (Mariño 2007: 113, 122). María Mariño, nacida en primavera na beiramar, chega á montaña en outono; descobre o Courel en outubro de 1946, nun momento vital extremadamente difícil, pois é moi recente o falecemento do fillo (Blanco 2007a: 111). O seu ollar de ría e de folla perenne quedará para sempre marcado polo descubrimento do outono no tempo da súa propia madurez, polo apoxeo da natureza caducifolia na outonía, polo estoupido de cores que a arrodea, por tanta vida insospeitada e necesaria. O outono courelao transcende entón na súa palabra, devén estación dun renacer: ?(...) no outono ? meu arranque ?.? (Mariño 1994: 157). Dicir outono nestes poemas é dicir castiñeiro. A proximidade dos soutos ás aldeas puido ser decisiva na configuración do ollar da poeta. María anda os camiños, e os camiños levan aos soutos.
Fai tempo crucei un camiño i atopei as pegadas hoxe. (Mariño 1994: 197)
É nese andar cotián, na observación atenta e sensible do devir natural, onde o souto se fai poema:
Si o Outono non crebara o tempo non se erguía en verso longo o poeta, (...) Alumea o souto a esperanza soia, a que onte viveu na súa sombra amiga, (...) (Mariño 1994: 144)
Se o piñeiro era o recender, o castiñeiro é a cor, a poetización dunha visión. A luz que na ría vén do mar, na montaña semella vir do souto. A paleta de cores é tal que a poeta necesita mesmo crear palabras que a describan, como o adxectivo ?enverdorado? que emprega varias veces en Más allá del tiempo: ?la enverdorada sombra del soto? (Mariño 2007: 103)8. Os soutos brillan verdes no estío (Mariño 2007: 107, 109), alumean (Mariño 1994: 95, 144), vólvense de ouro no seu amarelecer (Mariño 1994: 90, 94,
69 Nº 368