BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre Lorenzo Varela no Día das Letras Galegas
cos desmantelados no medio da tronada, de astros solitarios na noite da vida, as horas desoladas, as viaxes cara a ningures, peregrinos sen fe, seres errantes, sen retorno e á deriva, andar ás apalpadas entre lembranzas... Pero no discurso do nacionalismo de pertenza a unha terra, a unha lingua e a un pobo que comparte unha experiencia histórica común, atopará o discurso desamparado de Lorenzo Varela refuxio, amparo e consolo. E o poeta de Monterroso, sen renunciar á súa poética nin á súa ética solidaria volve os ollos a Galicia na procura de acollida. Non resulta doado reconstruír coa palabra poética un vencello tan desexado coma distante. Neste ir ao encontro de Galicia que supón o poemario Lonxe foi realmente turbador e decepcionante a acollida e escaso eco que recibe o libro a pesar do afán dos seus amigos, especialmente Seoane, por espallalo e divulgalo. Necesitados os desterrados de solidariedade rebélanse moitas veces, ironicamente, en contra da indiferenza coa que se acollen as súas obras en Galicia. Adoitaba dicir Luís Seoane que cando Blanco Amor escribía unha novela, el mesmo pintaba un cadro ou Lorenzo Varela publicaba un poemario, recibíase en Galicia coma unha pedrada. O artista galego na procura dunha liberdade que ten que ser conquistada, sabe que esa experiencia comunicativa soamente se pode dar no ámbito do encontro coa obra de arte. Lorenzo Varela como home derrotado e ferido pola guerra tiña unha Arcadia por detrás pero vía por diante unha Utopía de liberdade que estaba fóra do seu alcance. A única maneira de acadala era no espazo da liberdade ética e moral da obra de arte que el lanzaba co seu poemario. Pero o potencial receptivo en Galicia estaba minguado polas circunstancias, non existía a posibilidade do encontro e a poesía, o libro, reclama de espíritos libres para acadar a liberdade. Emporiso da mesma maneira que hai unha moral e unha ética no campo da creación, tamén hai outra ética e outra moral no campo da recepción. En definitiva, todo encontro (toda obra poética comporta un encontro, a non ser nos casos en que se rompa o poema sen comunicalo), como instrumento de comunicación comporta tamén unha moral. Estamos, en definitiva, no campo da ética da recepción. E tal ética supón unhas certas cerimonias de aproximación ritual chamadas ?segundo Steiner? cortesía e confianza. O autor de Lonxe estaba a chamar ás portas correndo o risco de que estas non se abriran coa confianza e a cortesía esperadas. Unha vez máis, ponse de manifesto a relación dialéctica que de sempre se ten establecido entre exilio e nacionalismo. Porque se o discurso nacionalista, como temos dito, é o sentimento de afirmación e pertenza a unha terra, a unha lingua e a un pobo que comparte unha experiencia histórica común, o exilio, pola contra, supón a soidade, o estrañamento, o afastamento dese espazo común e compartido. O discurso do poeta no exilio se quere construír un espazo habitable e quere acubillarse nalgún refuxio coincide, está destinado a habitar e compartir a casa común. Isto explica o protagonismo dos desterrados de todo o mundo na construción
Nº 366 210