Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
? Florencio Delgado Gurriarán que sinala como ?preferencias literarias e artísticas: no galego e na poesía Rosalía de Castro, Noriega Varela e Amado Carballo e Bouza Brey? e quere ser situado ?quizais no grupo de Amado Carballo, Acuña, [...] Carballo Calero?. ? Ánxel Sevillano que coincide en que ?millor me atoparía preto de Amado Carballo, [...] Bouza Brey e A. Iglesia Alvariño?. ? Manuel Casado Nieto que exemplifica como ?preferencias literarias Curros e Pondal, [...] Amado Carballo, Blanco Amor, Manuel Antonio, Noriega Varela, Augusto Mª Casas, Xulio Sigüenza, Amado Carballo diante de todos?. Fronte aos autores citados, Xosé María Álvarez Blázquez non menciona na súa poética enviada a Filgueira Valverde a Luís Amado Carballo27. Con todo, apréciase certo paralelo na percepción da lúa entre dous poetas da Antoloxía consultada, un declaradamente amadista (A. Casas)28 e outro non (X. M.ª Álvarez Blázquez):
ROMANCE DA LUA (A. Casas) Co arume da noite, a lúa, ?tola, roxa, malfadada? depinicaba saudades nos eidos da miña alma. Como unha vaca bermella ?as cornas tiña de prata? polos ceos, ledamente, o seu ollar paseiaba. Lonxe as estrelas soaban, campás d´outas espadaiñas; o chifro do vento erguía un cheiro d´herba mollada; o galanteio da serra espenuxaba as suas falas, io pecoreiro das somas entre as cornas lle chantaba un auturuxo afiado na punta da sua aguillada. A lúa ?toliña, tola? estrelas depinicaba. A sua pel era bermella ias suas cornas eran brancas. A voz da noite se ouvía: ?Ey, vaca, ey... Ey, Fidalga!? Iela com´unha siñora, pola azul se paseiaba; riba da testa, a follaxe de milleiros de alboradas; encol dos seus ollos lenes a leda noite arumada de húmida herba ulindo ao corazón dos alálas. (...) ARELA (X. M.ª Álvarez Blázquez) Na noite sen paxariños saíu a cabuxa lua a choutar polos camiños tola e nua. Curazón da noite, alento que ten anceios, arelas. Os cornos trucando ao vento iatrás un rabo de estrelas. Vai polo ceo infinido a cabuxa do luar presenza do inconquerido coma Colón polo mar...
Se en Arco da vella estamos diante dunha poesía entre a tradición29 e a vangarda máis ou menos hilozoísta, a pesar de que Xosé María Álvarez Blázquez non mencione a Luís
17 Nº 369