BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
aquiles pés ispidos, mouros, fortes, coma poutas de boi, que agatuñaban polos montes atal que dous teixugos. ¡Teus pés de ferro, ai Pepa! E logo, si tivese a gracia que me falla, eu faría un retrato verdadeiro da túa face ?¡que che estóu lembrando ao craro sol do meu ollar de neno!? [...] Pepa de Cascallar, eu ben quixera pagarche, ao cabo de tan longo tempo, o falar cantareiro que aínda sinto cando, ás veces, a vida se me fende, sin eu pensalo, por mitá do peito! (?Elexía a unha muller do campo?)
7. REMATE Somos conscientes de que a paisaxe interior de Xosé María Álvarez Blázquez non se esgota nesta breve aproximación, nela hai algo máis
Familia, amor, tristura, morte violenta, nostalxia, arelada liberdade, humildade, curiosidade, humor, sabeduría, deporte erudito, capacidade de precipitar todo isto en textos poéticos. Velaquí o modelo humano, o estilo de vida (...) que se transparenta no estilo literario de Álvarez Blázquez (...) tal modelo ten sido un modelo de existencia axustado a regras ?subersivas? por canto non era o modelo dominante, non o proposto polo poder nos días de Xosé María. Neste caso, pois logo, o estilo literario vén sendo o vehículo dun estilo de vida resistente e diverso. (Méndez Ferrín, 2007: 364)
Aproveitamos, pois, para reiterar a necesidade de restaurar a voz Xosé María Álvarez Blázquez na literatura galega e na castelá e recuperar máis aspectos da súa obra: as colaboracións na prensa, tanto en prosa como en verso35, as obras de teatro... Parécenos que as futuras descubertas permitirán conformar unha imaxe moito máis ampla do autor de Sonetos del alba insomne.
BIBLIOGRAFÍA
Acuña, Ana (2005): ?Voz e memoria: a correspondencia entre Xoán Vidal Martínez e Xosé Mª Álvarez Blázquez (I)?, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 8, pp. 1931. Acuña, Ana (2008): Dicionario Xosé María Álvarez Blázquez. Santa Comba: tresCtres Alonso Montero, Xesús (2008): ?Estudo preliminar?, in Xosé F. Filgueira Valverde: Os poetas galegos (1936). Antoloxía consultada. Pontevedra: Museo de Pontevedra / Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, pp. 1343. Álvarez Blázquez, Emilio (2007): ?Epílogo de familia, máis un verso?, in X. Mª Álvarez Blázquez, Poesía galega completa. Vigo: Xerais, pp. 373380 (1ª ed. 1987).
Nº 369
20