Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
A terra estaba virxe e nós, os nenos, lle íamos pondo nomes, a brincare. A cousa máis cativa tiña un nome na nosa fantasía (...) Nomes ledos, nomes de cousas que non tiñan nome. (...) Inda agora eu son dono vinculeiro do meu carballo torto, aló na carballeira de Sovilas e dunha pena chaira, que soaba a tesouros escondidos, a soño tolo de rapaz sin sono cando o meu corazón petaba nela... (?Descoberta da terra?)
Será o silencio da natureza o que lle permita presentir o silencio primixenio, aquel que existía antes da palabra:
Sin verbas, pois agora abondan os falares entre nós: agora, que xa temos apreixados os marmurios silandeiros dos regos cando bican petiscando as herbas do camiño; agora, que xa somos a armunía fadal dun soio anceio; agora, que no sangue nos boliga o sangue que nos demos ti e máis eu; agora, miña dona, sin verbas heiche de falar. Sin verbas... E direiche en segredo un poema sin voz. Ise poema noso, pechado coma un soño, que ven connosco arreo máis aló do non ser. (?Sin voz?)
Na paisaxe interior de Xosé M.ª Álvarez Blázquez tamén hai espazo para o amor ?esa ?cruz de dous??, para o compromiso cos dominados (?IIª visión?, ?O encoro?, ?Ise neno da rúa?). Será o ?mundo vivido? o que lle permita recuperar a linguaxe das clases subalternas como a de Pepa de Cascallar:
Pepa de Cascallar, eu ben quixera agora que xa estás ?cinza na cinza? a descansar pra sempre, dar ao mundo razón cabal de ti. Lle falaría daquelas duras mans, rexas gadoupas pra termar do legón e da manceira mans de escrava da terra, non afeitas a máis regalo e mimo que o dos ubres da vaca... Eu loubaría
19 Nº 369