BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Amado Carballo na poética enviada a Filgueira Valverde, no seguinte libro (Poemas de ti e de min) percíbese un achegamento á poética da repetición dos cancioneiros e mais unha certa apertura temática. Concordamos en que ?o que sobre todo hai é unha tendencia popularista que a miúdo se fai puramente popular, e que ás veces parece tomar algún matiz das cantigas de amigo, é dicir, do máis ?popularista? que os cancioneiros conteñen.? (Cabana, 2008: 67) Aínda que na súa primeira poesía haxa influencias poéticas presentes daquela (en gran medida procedentes das vivencias pontevedresas)30, en Xosé M.ª Álvarez Blázquez percíbese, dende o comezo, unha sensibilidade propia que se irá ampliando nas obras posteriores. Referímonos á súa faceta humorística (?Rifa?, Arco da vella) e irónica (?Fuxida?, Arco da vella), á solidariedade (?Inmensidá?, ?Emigrantes?, Arco da vella) e á paisaxe da infancia en Baión (?Notas?, Poemas de ti e de min). 6. ?Á PAISAXE QUE ESTÁ DENTRO31 Os seguintes libros de Xosé M.ª Álvarez Blázquez (Roseira do teu mencer, Cancioeiro de Monfero e Canle segredo) convérteno nunha voz propia e única dentro da literatura galega. A súa é unha poesía, como lle escribía o propio Xosé M.ª a Francisco Fernández del Riego32, ?por enriba de todo, honrada, palabra moi comprometida porque honrado é o sinxelo, o auténtico, o puro. Queda fóra, pois, o retórico, o enchido, o torto?. De aí que estes poemarios non sigan ningunha escola máis cá propia ?honradez? do creador. A natureza que estaba fóra do poeta nos seus primeiros escritos está xa dentro en Canle segredo (1976). As imaxes non son simples xogos poéticos de escola e, tralas expresións poéticas, desvélase a Poesía33, a paisaxe exterior convértese en ?mundo vivido?. Para cantarlle á terra Álvarez Blázquez precisa unha linguaxe nova: a de Baión, a da infancia como tempo dese espazo primixenio. Esa é a que mellor lle acae para botar a cantar, a linguaxe do ?ledo marmurar? das ?voces soterrañas da ialma?. Por iso a poesía de Xosé María Álvarez Blázquez só pode ser ?honrada?, poesía que xorde despois de ter ?o peito en pedra viva?.
¿Cómo che vou cantar, terra da ialma, se non é coa lembranza do máis puro, co inxel descobrimento da túa entrana, na nosa mútua primixenidade? ¿Cómo te loubaréi, senón lembrándote? (?Pedra viva?)
Se Álvarez Blázquez non fose un poeta quedaría condenado a ignorar a riqueza do seu mundo infantil (Rof Carballo, 1990: 42) e sería incapaz de nomear esta terra34 convertida en parte del:
Nº 369 18