146
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
de los poetas tal vez la desprecian todavía!? pero es sin duda porque ignoran que Apolo levantó los muros de Thebas al son de las flautas?6. Isto está na raíz de tódolos grandes movementos románticos europeos anque, persoalmente, intento comprender a Murguía dentro dese ?romanticismo liberal? ó que se referiu Victor Hugo no prólogo de Hern a n i, expresando que o romanticismo era o liberalismo en literatura. Pero tamén aquí, nese alto destino que lle outorga á poesía, sería factible atopar un paralelismo entre as ideas de Murguía, e as de Matthew Arnold contidas en Os poetas ingleses, que é un libro que aparece en Inglaterra, cinco anos antes que Los pre c u r s o re s (por certo, as afinidades entrámbolos habería que buscalas tamén no feito de que o inglés publicou uns Celtics Studies). Chama a atención que, nunha xeira de grande expansión do Imperio Británico, Arnold trate de convencernos da grandeza de Inglaterra a través da grandeza dos seus poetas. As responsabilidades dos poetas e dos escritores galegos estarían encamiñadas a crear unha literatura provincial, diferenciada e eles deben contribuír coa súa obra á rehabilitación cultural de Galicia. Ós poetas correspóndelles realizar unha das cousas máis difíciles e máis necesarias, pero é unha tarefa que Murguía clarifica dun xeito racional, pouco pretensioso e que, sen embargo, entraña unha gran responsabilidade: ?el empleo serio, noble, apropiado de nuestro idioma en la obra literaria?7 (nin que dicir ten que isto segue a ser válido nos días de hoxe). Ese é un soño que Murguía, en certa maneira, verá cumprido nas obras da súa muller, Rosalía de Castro e do seu amigo Eduardo Pondal. As provincias débenlles ós seus poetas esta renovación e volta ó seu, e isto é o que saúda no caso de Pondal: ?la lira de nuestros poetas tuvo una cuerda más, la de Galicia; nuestro país, una literatura; nuestra literatura, una lengua?8. Ficaba, xa que logo, reparado ese insulto histórico do que falara Vesteiro. Murguía defende o emprego do galego na obra poética, de tal xeito que así podería constituírse unha literatura puramente galega: ?la cual, reflejando la vida, los sentimientos, las aspiraciones y desencantos de nuestro pueblo nos llevase fatalmente a penetrar en su pasado, pensar en su porvenir, conocer, amar sus glorias y predisponerle para alcanzar otras nuevas?9. Unha das posicións máis interesantes de Murguía é para nós a defensa da modernidade de escribir en galego, fronte a aqueles que o negaban: ?Las litera