MANUEL MURGUÍA
145
posúen culturas nacionais e estas deben desenvolverse como fonte de arte e de literatura valiosas. Todas estas ideas, que configuran a tradición románticonacionalista que se estende polas culturas europeas do XIX, e que supuñan certa crítica ó espírito uniformador e universalizador das Luces, e que se van opor á dominación napoleónica, atopámolas explicitadas no pensamento de Murguía. Sen dúbida que haberá que velas nun marco de perspectiva histórica no que foi a España do XIX, campo de loita de ideas contrarias como absolutismo, liberalismo, ilustración, reacción, que é un labirinto moi difícil de percorrer, ás que non foi alleo un home do seu tempo como Murguía. No seu opúsculo Los Tro v a d o res Gallegos (1905), parte da idea clásica do XIX, que utilizaron os teóricos do noso nacionalismo nos anos 20 e que, en certa medida, segue a alimentalos nacionalismos de finais do noso século: unha terra que posúa unha lingua, literatura, arte, costumes propios ten as características dunha nación perfectamente definida.
Galicia afirmó su personalidad tanto en los breves momentos en que, durante la reconquista, monarcas propios ocuparon su solio, como en aquellos otros propicios a la realización de sus destinos, que le permitieron poseer lengua, literatura, arte, ley, conciencia de si propia, en una palabra, los característicos todos de una nación perfectamente definida.
A literatura debe ser, polo tanto, obra de rexeneración pero tamén expresión dunha personalidade nacional, do espírito do pobo, do Volkgeist herderiano. A obra dos escritores debería estar encamiñada a esta rexeneración: era de suma importancia a existencia de escritores, xa que fronte ós que aseguraban, por volta da década de 1880, que en Galicia non había escritores?, así nos volve dicir no ?Prólogo? de Los Pre c u r s o re s, Murguía está disposto a ocuparse criticamente das súas obras. Convén lembrar que xa Teodosio Vesteiro Torres abre co capítulo de ?Poetas? a súa Galería de gallegos ilustre s intentando reparalo insulto histórico (a expresión é do propio Vesteiro) que encerraba a consideración de Lope de Vega a cerca de Galicia; ?nunca fértil en poetas?. En canto que herdeiro de certo romanticismo, Murguía cre na suprema importancia da poesía e dos poetas. É un defensor da poesía no senso en que xa o fora o inglés P.B. Shelley; é un defensor dos poetas, no senso que propuxera Hölderlin na elexía ?Pan e Viño?: ?Muchos despreciaron entonces la obra