144
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
inseparables da obra de rexeneración que se encamiñaba á rehabilitación do país natal. Por iso en Galicia debía haber escritores que non teman dicila verdade, que non a oculten. Murguía quere caracterizala literatura galega. Na xa citada ?Advertencia? do Diccionario de escritore s atopamos dúas definicións de sumo interese. Na primeira relaciona a literatura coa historia: ?La literatura de un país, no es en rigor mas que una fase de su historia, una manifestación clara y terminante de su cultura?. A segunda definición proclama o carácter diferenciado da literatura galega con respecto á literatura castelá, á pregunta de ¿como considerala literatura galega? el mesmo contesta:
nosotros no hemos hecho otra cosa que contribuir calladamente con nuestras fuerzas al comun adelanto, y por mas que en nuestro carácter como escritores, en nuestras tendencias y estilo, existan latentes los gérmenes poderosos de una escuela poética distinta de la castellana, es cierto que nadie pensó en formular el nuevo dogma.
Este novo dogma (a diferenciación da literatura galega con respecto á literatura castelá) aínda ten cativas moitas liñas de análise literaria que chegan ata os nosos días. É, cando menos, paradoxal que un magnífico estilista en castelán como Murguía, un extraordinario escritor en castelán (esta é unha opinión que compartimos enteiramente con Valle) defendese categoricamente esa diferenciación e oposición entre literatura galega e castelá. Iso é o que nos di no ?Discurso nos Xogos Florais de Tui? de 1891, un dos poucos textos que escribiu en galego, texto este que se me antolla cheo de luces e sombras:
Léngoa distinta ?dí o aforismo político? acusa distinta nacionalidade. Digámolo nós tamén, se nos compre, con maior firmeza aínda, e poñamos de nós o que faga falla, pra que sea pra sempre esta léngoa en consonancia co noso esprito, e feita como ningunha outra, pra a espresión dunha literatura tan oposta ó xenio da de Castilla como é esta que nós temos5.
Situados naquel tempo, o novo dogma debémolo entender como o entusiasmo que, desde certo romanticismo, suscitaba o xenio nacional, o espírito do pobo (Volkgeist) dos alemáns. As ideas de Murguía están na liña das ben coñecidas ideas de Herder, que identificaban a literatura coa expresión dunha alma nacional, de tal xeito que a orixinalidade dunha nación residiría, segundo o autor alemán e moitos dos seus sucesores, na lingua e na literatura. Os pobos