MANUEL MURGUÍA
143
sen coñecelo seu pasado, así nolo vai indicar nunha desas zonas de reflexión crítica, tan abondosas en Los pre c u r s o re s , situada concretamente no prólogo: ?Cuanto era de Galicia, cuanto se refería a su pasado, cuanto tenía relación directa con su porvenir, todo era objeto de nuestro estudio y observación; pues queriendo levantar a un pueblo, preciso es que se conociese bien y pronto?4. Esta dedicación teimosa ó estudio da historia deixou un pouco á marxe o gran creador literario que había nel. Pero non se trata exactamente dun cambio de vocación (a literaria pola de historiador) senón, con toda posibilidade, dunha mudanza de estratexia intelectual, que o vai obrigar a concentralos seus folgos no estudio da historia. El mesmo nolo vai dicir na ?Advertencia? do inacabado Diccionario de escritore s. Fixémonos que as responsabilidades que esixe do historiador son moi semellantes ó que a figura do poeta representaba para os románticos: o titanismo do bardo que el recoñecerá en Pondal é o mesmo que reclama para o historiador.
El estudio de la historia, el más grande, el más difícil, el más digno de la atencion del hombre pensador, requiere un alma templada en los grandes infortunios, un alma cuya mirada sepa leer claramente en el libro del pasado, capaz de tan graves y severas especulaciones, bastante fuerte para no turbarse ó sucumbir al peso de una profunda meditación, bastante activa para sentir y amar, cuanto la humanidad siente y ama.
Podemos dicir que nas ideas sobre literatura, poesía e poetas expresadas por Manuel Murguía converxen diferentes olladas. Hai en Murguía distintos ángulos de análise, que se complementan ata constituíren un modelo de crítico reflexivo. Ímonos centrar en tres perspectivas principais, que nos permitirán comprendela importancia do seu pensamento literario. Murguía procede fundamentalmente como un historiador da nosa literatura, como un buscador de trazos que permitan identificala, e como un defensor do cultivo literario do galego. Pero tamén se producen nel outras dúas perspectivas moi interesantes: a do crítico que fai valoracións sobre a obra doutros autores, e que vai proxectar sobre as obras alleas unha interesante mirada e, finalmente, a do creador literario, que quizais sexa a máis descoñecida e por iso unha das máis rechamantes. A primeira que nos interesa subliñar é a perspectiva do historiador e a do político. A literatura e a arte eran para el a parte substancial dun proceso global,