142
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Debemos, polo tanto, engadir a esta presentación outro dato significativo, que di moito sobre a súa evolución intelectual. Na súa época formativa, Manuel Murguía foi, sobre todo, un home de letras, un escritor e xornalista. Debaixo de tódolos Murguías aboia sempre un magnífico escritor e un poeta interesante. Nel deuse ademais a circunstancia de que intentou triunfar moi novo como literato en Madrid, chegando a gozar de certa consideración na década de 1850. Sirva como dato o feito de que da súa novela Desde el cielo se fixeron sucesivas edicións e foi traducida a varios idiomas. Como colaborador e redactor integrou a nómina de importantes publicacións como La Iberia, xornal dos liberais, e La Crónica de Ambos Mundos, El Museo Universal, ou El corre o d e l a m o d a. Case por azar, redactando estas liñas, atopo na monumental autobiografía de Julio Nombela, I m p resiones y re c u e rd o s, que segue a ser indispensable para indagar na historia intelectual da España do XIX, un pequeno retrato de Murguía, que reproduzo enteiramente para que se comprenda o temperamento do noso escritor fronte ós fabricantes de novelas por entregas, que puñan as súas musas mercenarias ó servicio dos editores, e para que poidamos chegar a enxergar algo dese espírito insubornable, destemido, na expresión de Risco, que o caracterizaría como intelectual ó longo da súa vida:
Manuel Murguía, que demostró ser un perfecto novelista con sus preciosas obras La madre Antonia y Desde el cielo, pasó una temporada penosa en Madrid. Su excelente padre quería que fuese farmacéutico, y como nada había más opuesto a la brillante imaginación del joven, se negó éste a vender drogas y confeccionar recetas; las paternales remesas de dinero cesaron y el hoy justamente reconocido como el mejor historiador de Galicia, su patria chica, pasó en Madrid días de abstinencia y durmió muchas noches en los bancos de la plaza de Oriente. Nada más fácil para él entonces que haber mejorado su situación escribiendo novelas y algunos pasos dio con tal propósito; pero rebelde a toda clase de imposiciones, se negó rotundamente a consentir que un editor le indicase el asunto y el título de las obras3.
Quizais Murguía queimou as naves da creación literaria. Con posterioridade, a partir do 1861, os seus esforzos céntranse no estudio sistemático do noso pasado, por ter chegado ó convencemento de que sen coñecemento histórico non é posible ningún tipo de rexeneración colectiva. ?A historia é a mestra dos homes?, deixou dito el mesmo. Non é posible albiscar un futuro mellor sen ter como guíamestra a historia e o seu coñecemento. Galicia non pode rexurdir