MANUEL MURGUÍA
crítica literaria, a arqueoloxía, a historia, a socioloxía, o folklore, o dereito e máis a política, e por iso, a súa obra inxente (é) unha verdadeira enciclopedia galaica1.
141
Gústanos esa definición de polígrafo destemido e tamén a de enciclopedismo galaico, que faría a Murguía digno sucesor de Feijoo ou Sarmiento, pero o propósito do noso traballo é cinguirnos ó Murguía escritor, ó pensador sobre a literatura e a poesía, ó Murguía que se constitúe, con toda probabilidade, no primeiro grande crítico da nosa literatura, xa que a el se lle deben reflexións e opinións moi interesantes e que, nalgúns casos, chegaron a conformar paradigmas interpretativos que aínda están vixentes. Manuel Murguía desempeña no marco da literatura galega un papel semellante ó que outros críticos do XIX desempeñaron nas súas literaturas: podemos pensar en Mathew Arnold, e na súa influencia na Inglaterra victoriana, en SaintBeuve en Francia, ou en Friedrich Shlegel na Alemaña romántica. Convén, polo tanto, decatarse de que Murguía non só foi o principal organizador ou ideólogo do que se dá en chamar ?Rexurdimento pleno? senón tamén o primeiro gran crítico nun senso dobre: crítico da cultura e crítico literario. Murguía foi probablemente unha figura polémica: respectado por uns e atacado por outros. O titanismo do seu labor intelectual, o orgullo do home que é consciente da magnitude da súa tarefa, se cadra o espírito irónico co que enfrontaba certos feitos, supuxéronlle moitas inimizades, ás que el mesmo se refire en repetidas ocasións. Debémoslle a ValleInclán unha interesante opinión, nunha carta que lle envía con motivo de facer Murguía oitenta anos:
Envío mi saludo de admiración, de afecto y de respeto al patriarca de las letras castellanas, al que siempre tuve por maestro, al primero y al mejor que en la tradicional aridez de la prosa castiza, hizo cantar, para regalo de todos, las líricas alondras. Fue el primero en su época. Era estelar la distancia que de los hombres y las cosas de su tiempo le separaba. Y no podía ser comprendido2.
Interésanos, ademais da incomprensión de Murguía que subliña outro incomprendido como Valle, o feito de tratalo como escritor e como bo estilista porque isto é moi importante para o que nós queremos considerar: Murguía é sempre un escritor; é un escritor incluso cando decide ser historiador, cando escribe historia.