Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
¡Ou fonte de Bandusia! (Odas, III, 13) ¡Ou fonte de Bandusia, mais crara có cristal! non sen froles mescrar ó doce viño, un cabirto noviño heiche mañán de dar, cos cornos a asomarlle inda na testa que o destinan en balde a aquela festa das loitas e do amor, pois que as linfas túas, friorentas, tornalas ha, co sangue, bermelladas o cabuxo do fato rebuldón. A túa sombra non chega da abafante canícula o tosteiro e daslle friaxe leda ó gando ventureiro e ós bois, cansos de arar. Antre as fontes sonadas, ¡ou Bandusia!, sonada a ti os meus versos te farán. E os carballos tamén han ser sonados que por riba da gruta están chantados de onde as túas augas garulan, paroleiras, ó saltar.
Como decote, Isidoro Millán capta na súa traducción o sentido do texto orixinal (e o espírito daquel universo clásico), e faino nunha estructura métrica non só lonxe da prosa doutros traductores senón moi coidada. Na súa concepción non se permite liberdades de tipo coloquial como a que descubrimos en Aquilino nos dous últimos versos:
... unde loquaces lymphae desiliunt tuae. por onde gurgullan amodiño as túas augas lengoreteiras.
De Catulo, Millán traduciu o poema IV (?Vivamus, mea Lesbia, atque amemus?) e fíxoo sen pudor, como manda a ética e a estética do cantor dos encantos de Lesbia. O poema pertence, sen dúbida, a aqueles dos que dixo Avelino Gómez Ledo, o máis casto dos nosos traductores: ?Hai que doerse ás veces da súa torpideza e obscenidade?6.
Vivamus, mea Lesbia, atque amemus, rumoresque senum severiorem omnes unius aestimemus assis. Soles occidere et redire possunt; nobis cum semel occidit brevis lux, nox est perpetua una dormienda.
235
Nº 364