BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
Da mi basia mille, deinde centum, dein mille altera, dein secunda centum, deinde usque altera mille, deinde centum. Dein, cum milia multa fecerimus, conturbabimus illa, ne sciamus, aut ne quis malus invidere possit, cum tantum sciat esse basiorum. Gocemos, miña Lesbia, e amémonos e das falas dos vellos fungóns non fagamos nin chisco de caso. Os soles se poñen, retornan os soles, mais nós ende que se vai esta lus da vida, de durmir teremos unha noite infinda. ¡Bícame mil veces, e dimpois un cento, i outras mil enriba e un segundo cento, e após que a milleiros os bicos troquemos sen levar xa contas, biquemos a eito. Non o albisquen malinos, de envexa estoupando, que a figa nos fagan por nos bicar tanto.
3.1.2. Unha epístola de Horacio en castelán Na carta que veño citando tamén me fai saber:
Teño en borradores outras versións de Horacio e, que eu recorde, a versión ó castelán, en endecasílabos, da epístola X, a Aristio Fusco. Foi razón desta, arredor de 19471949, a aparición na finca, nos arredores de Cambados, dun curmán da miña avoa materna, dunha placa de pedra cun letreiro: LAVDATVR DOMVS LONGOS QVAE PROSPICIT AGROS. O meu querido parente, José González Fraga, coetáneo e fraternal amigo de Ramón Cabanillas ?con ambos fixen eu excursións e tiven moito trato e conversas por aqueles anos e aprendín mil cousas? pediume solución daquel caso, raro abofé. A incisión, coidadosa, era do XVII ou do XVIII, se non marro. Dinlle a resposta ó meu parente, adicándolle a traslación íntegra da susodita epístola, onde figura a máxima. Sei que conservo esta versión, mais non ónde para. Se dou con ela, comunicareicha. (O feito éche un curioso ?anécdoto?, como din os portugueses, pra Horacio en Galicia). Algún tempo despois, mandoume a traducción castelá do poema de Horacio (Epistulae, I, 10). E, en efecto, a inscrición latina da finca do seu curmán é o verso 23 desta epístola (?laudaturque domus longos quae prospicit agros?), que Isidoro Millán traduce: ?o colman de alabanzas a la casa / que extensos campos, a su frente, mira?.
3.1.3. Un canto de Curros Enríquez a Rosalía de Castro traducido ó grego clásico Na obra de Isidoro Millán non escasean as incursións na vida e na obra de Rosalía, unha moi significativa, a alocución proferida no Museo de Pontevedra o 17 de maio de 1963, data do primeiro Día das Letras Galegas. Titulada ?Na primeira festa das Letras Galegas?, foi publicada ese mesmo ano na revista Grial (1, 1963) co título ?Discurso no Día das Letras Galegas?. Nunha páxina fala da ?meniña orfa [... que] pregou, cantou, chorou, por tempos de sempre, por todos e para todos nós?. Do rosalianismo de Isidoro
Nº 364 236