Apéndice
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
sidente, despois de escoitala Comisión Executiva, o xerente, ten como funcións a) Colaborar nas tarefas administrativas e contables propias da Tesourería. b) Executalos acordos de carácter administrativo que tome o Plenario. c) Dirixilos servicios económicoadministrativos, en particular do persoal laboral da Academia. d) Administralo patrimonio, xestionalo orzamento, facelos pagamentos e cumprimentalas obrigas fiscais. e) Cuidalo mantemento do edificio e dos seus servicios. Artigo 54 O funcionamento económico da Academia poderá ser obxecto dun Regulamento específico que garanta a eficacia, a transparencia e o respecto á lexislación vixente. Artigo 55 Como complemento do disposto no artigo 26 dos Estatutos, o secretario deberá firmar tódalas comunicacións, certificacións e anuncios que en nome da Corporación se expidan, verificándoo por si mesmo e con expresión do seu carácter oficial. Cando a Academia se dirixa ás Autoridades superiores ou a Corporacións de igual ou superior rango, deberá subscribir tamén a comunicación o presidente. O secretario deberá, ademais, levar un libro con tódolos acordos do Pleno de carácter normativo, garantila publicidade dos acordos da Institución, expedir certificacións dos acordos ou dictames oficiais, e redactala Memoria anual da Academia, que se publicará no Boletín. Nos seus traballos será auxiliado polo Arquiveirobibliotecario, que rexistrará en libros copiadores, tódalas comunicacións recibidas e expedidas, coleccionando en cartafoles rotulados os expedientes rematados, comunicacións recibidas e demais documentos que, ben catalogados, pasarán ó Arquivo ó fin de cada ano.
CAPÍTULO X Biblioteca e Museo Artigo 56 A Academia dispón dunha Biblioteca, Arquivo e Museo, que están constituídos polos fondos que lle son propios e mais polos que acade por compra, doazón, legado ou depósito. Estes fondos están ó dispor dos académicos, e de investigadores e cidadáns na medida das posibilidades da Academia. Artigo 57 A documentación do arquivo de xestión da Academia pasará ó seu Arquivo Histórico ós cinco anos da súa producción, salvo que se trate de expedientes inacabados, e a súa consulta non é accesible para o público, de non haber autorización expresa da Aca
359
Nº 362