BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Apéndice
CAPÍTULO IX Goberno e Administración Artigo 50 Corresponde á Comisión Executiva, en conformidade co artigo 24 dos Estatutos: a) Executalos acordos do Plenario. b) Asesoralo presidente nas súas decisións e axudalo nos traballos de representación da Academia. c) Mirar pola conservación, restauración e decoro das oficinas, material de traballo e mobiliario, tanto na sede central coma nas delegacións. d) Visar e informala conta anual de ingresos e gastos que o tesoureiro debe presentar ó Plenario e máis ás entidades e institucións que contribúan a subvencionala. e) Visar e autorizalas resolucións das comisións previstas no artigo 45, referentes ós concursos públicos de edición e distribución das publicacións. f) Facerse cargo dos legados, doazóns e herdos que se lle fixeren á Academia, dando posteriormente conta ó Plenario, e aprobalos negocios xurídicos de adquisición, alienación e gravame de bens mobles e os de administración de toda clase de bens. g) Decidir nos gastos extraordinarios e urxentes, dando conta ó Plenario na xunta inmediata; en asuntos de menor contía resolverá en por sí o tesoureiro, dando despois conta á Comisión. h) Establecer, escoitando o xerente, a lista de persoal ó servicio da Academia, así como a contía e actualización dos seus salarios. i) Presentarlle ó Plenario o informe oficial anual dos seus traballos na primeira sesión do ano aseguinte. Artigo 51 Para o cumprimento do artigo 27d dos Estatutos, terase en conta que tódolos ingresos da Academia, sexan para gastos ordinarios ou para proxectos específicos, serán incorporados a unha conta única independentemente de que para o funcionamento de cada Seminario ou cada proxecto se teña que autorizala apertura de partidas orzamentarias propias. As partidas orzamentarias que a Academia ingrese destinadas especificamente para a realización dalgún proxecto deberán ser integramente destinadas a este sen prexuízo de que o Plenario teña puntual información da execución de tales partidas. Artigo 52 A Academia asignará dietas para cubrilos gastos de asistencia a sesións académicas ou reunións de traballo. A Academia indemnizará os gastos que calquera académico poida contraer no exercicio dalgún traballo ou comisión. Artigo 53 A Academia contará cos servicios dun xerente económico profesional que colabore na xestión da contabilidade e asesore o tesoureiro en asuntos fiscais. Nomeado polo pre
Nº 362
358