BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Apéndice
dentes, estipulacións e acordos conte co asesoramento do académico responsable da dirección e execución do traballo obxecto do convenio. Igual que no caso anterior, a Academia abrirá unha partida orzamentaria destinada á súa execución. Para a xestión deses recursos terase en conta o que estipulan os artigos 51 e 52 deste Regulamento.
CAPÍTULO VII Bens da Academia Artigo 41 A Real Academia Galega considera da súa propiedade: a) Todos cantos bens culturais e mobiliarios se conteñen na súa sede social e nas dos seus Seminarios, exceptuados aqueles que estean en réxime de depósito. b) Os bens culturais que a Academia ceda en depósito a outras institucións. c) Tódolos traballos que se realicen pola súas Xuntas, Comisións e Seminarios. Cando no seo da Academia se realicen traballos financiados mediante convenio con outra entidade ou institución, a propiedade poderá ser compartida. Artigo 42 O funcionamento, conservación e réxime de visitas da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, na sede da Real Academia Galega, será obxecto dun Regulamento específico. Un académico numerario será o coordinador da actividade desa Casa Museo e poderá contar coa axuda técnica dun especialista, que non precisa ser membro da Academia.
CAPÍTULO VIII Publicacións da Academia. Certames e outras actividades Artigo 43 A Academia deberá ofrecer ó concurso público a edición e distribución das obras que queira publicar. Unha comisión designada para este efecto elaborará o prego de condicións e resolverá o concurso, do que dará conta á Comisión Executiva. Artigo 44 Independentemente das publicacións periódicas que poida realizar cada Sección ou Seminario, a Academia manterá un Boletín anual onde dará conta das sesións, acordos e actividades da Corporación e onde inserirá os traballos propios do seu ámbito de actuación. Artigo 45 a) A Academia deberá velar pola calidade científica das publicacións propias e
Nº 362
356