Apéndice
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
que o desexe ou xulgue oportuno e neste caso será el quen presida. Cando un ou varios académicos, en representación da Real Academia Galega, deban asistir a xuntanzas con outras institucións ou entidades, os comisionados recibirán do presidente un nomeamento que defina o alcance das súas atribucións e deberán actuar en coherencia coas finalidades desta Academia. En caso de que nesas xuntanzas deban tomar algún acordo que comprometa seriamente esta institución, antes de asinalo deberán consultalo presidente. En calquera caso, na Xunta inmediatamente posterior, estas representacións darán conta ó Plenario do tratado e acordado. Artigo 39 As sesións de recepción serán xuntas extraordinarias, públicas e solemnes. Verificaranse como segue: aberta a sesión polo presidente, o secretario dará conta dos antecedentes relativos á elección e mais do acordo no que se determinou a celebración da sesión; despois disto os dous académicos de máis recente nomeamento entre os presentes irán buscalo electo e acompañarano ata a tribuna, situada á dereita da presidencia, na que lerá o seu discurso de ingreso que deberá iniciar cunha lembranza do académico a quen el substitúe. Rematada a súa lectura, que non poderá exceder de 45 minutos, responderalle o académico designado para este caso polo Plenario, desde unha cadeira situada á esquerda da presidencia: esta resposta non poderá excedelos 15 minutos. Concluído este segundo discurso, o presidente proclamará académico de Número o candidato, entregaralle o diploma, poralle a medalla, distintivo da Corporación, e, abrazándoo en nome da Academia, invitarao a sentar entre os académicos. Feito isto darase por concluído o acto e levantarase a sesión.
CAPÍTULO VI Seminarios e grupos de traballo Artigo 40 Ademais dos seminarios correspondentes ás Seccións enumeradas no artigo 5 a), poderanse constituír no seo da Academia outros grupos de traballo. Uns e outros poderán concorrer ás convocatorias de axudas de organismos públicos ou entidades privadas para recadaren fondos destinados á realización dun proxecto, do que se dará coñecemento oportuno á Comisión Executiva, que posteriormente informará o Plenario. De seren financiados estes proxectos, a Academia abrirá unha partida orzamentaria destinada á súa execución. Neste caso o investigador principal será quen asine a solicitude de axuda e maila aceptación da concesión; será el tamén quen renda contas á entidade que concedera a axuda. O presidente será quen asine os convenios con calquera entidade pública ou privada, independentemente de que para a súa redacción e para o establecemento de antece
355
Nº 362