BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Apéndice
persoal e indelegable, consonte o art. 22 dos Estatutos. Endebén, excepcionalmente un académico pode utilizalo voto por correo, a condición de que chegue ás mans do secretario antes do inicio da Xunta do Plenario. O académico que excepcionalmente e por causa xustificada vexa que non vai poder estar presente, poderá depositalo seu voto nun sobre cerrado con indicación, no exterior do sobre, da votación á que corresponde. Se quixer participar na votación de varios puntos da orde do día, deberá repetilo mesmo proceso con outros sobres. O conxunto dos sobres deberá introducilo noutro sobre grande, dirixido ó secretario e con indicación de que contén votos para o Plenario. c) De cada sesión o secretario redactará a acta, que especificará as circunstancias de lugar, día, hora, orde do día, asistentes e contido dos acordos. Se así o pedir o académico interesado, figurará o seu voto contrario ó acordo adoptado ou a abstención ou o sentido particular do seu voto favorable. Calquera membro do Plenario pode solicitala inclusión na acta da súa intervención nas deliberacións, pero deberá entregala por escrito, na redacción máis concisa posible, ben no acto, ben no prazo que razoablemente lle sinale o presidente; e, se non cumprir ese prazo, o secretario non estará obrigado a incluíla na acta. Artigo 36 a) Tódolos académicos están obrigados a gardaren segredo das deliberacións da Academia, podendo referirse nos seus escritos ou ante os medios de comunicación unicamente ós acordos tomados, que nunca serán públicos antes do comunicado oficial da propia Institución. Un académico pode expresala opinión sobre asuntos da Academia, sempre que das súas palabras non se poida inducilo contido das intervencións dos demais académicos nos actos non públicos da Academia. b) En materia de principios lingüísticos, o académico que, nalgún momento, considere oportuno suxerir algún punto de vista distinto ós da institución, deberá ter en conta que o único lugar para expoñer ese punto de vista é a Academia nalgunha das súas sesións. c) O portavoz natural da Academia ante os medios de comunicación é o presidente ou o académico numerario en quen delegue para este caso. Se se deren situacións especialmente delicadas, o Plenario elaborará e aprobará unha declaración institucional e esa será a única referencia pública a tódolos efectos. Artigo 37 Cando se produza algunha situación que requira dictame ou acordo urxente, o presidente procederá a convocar unha Xunta extraordinaria no prazo de vintecatro horas. Tamén o terá que facer, se llo pedir un tercio dos membros do Plenario. Artigo 38 Cando para algún asunto se nomee unha comisión, presidiraa o académico máis antigo, que será o encargado de convocala e reunila e de manter informado o presidente do desempeño do seu cometido. En calquera caso, o presidente poderá asistir a ela sempre
Nº 362
354